María Belén Prado Sanjurjo, nada en Ourense o 27 de maio de 1968, é unha avogada e política galega do PPdeG. Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense (1991) e en Xurídico Empresarial pola Universidade San Pablo (CEU) (1992). Foi asesora do Servizo xurídico da Comisión Europea, asesora na Sede da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) en Bruxelas (1993-1994). Foi Subdirectora da Delegación da Xunta de Galicia en Bruxelas (Fundación Galicia-Europa) (1997-2001), Directora xeral de Función Pública da Xunta de Galicia (2002-2004) e Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (2004). Despois foi Viceconselleira da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid (xaneiro de 2006). É deputada polo Partido Popular na Asemblea de Madrid desde outubro de 2008.

Cesada como viceconselleira de Sanidad do goberno rexional de Madrid coa chegada ao Consellería de Javier Maldonado no 2014. Entre 2015 e 2018 foi viceconselleira de Política Social.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na Asemblea de Madrid

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Deputados da VIII Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Deputados da IX Lexislatura da Asemblea de Madrid