Juan Rodríguez Yuste, nado en Jerez de los Caballeros (Badaxoz) o 4 de xuño de 1939 e finado en Pontevedra o 20 de agosto de 2023, foi un economista e político galego.

Traxectoria Criouse en Sevilla e con 21 anos trasladouse a Pontevedra onde se instalou. É doutor en Ciencias Económicas. Foi profesor da Universidade de Vigo e da UNED. Foi subdirector xeral e director xeral da Consellería de Economía e Facenda (1986-1990), director xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea da Consellería de Economía e Facenda (1991-1997), secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia (1997-1999) e director da Fundación Galicia-Europa. En 1999 foi nomeado conselleiro de Industria e Comercio, sendo a partir de 2003 conselleiro de Innovación, Industria e Comercio.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en galegos.info Biografía como pregoeiro da Festa do Viño Tinta Femia

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Jerez de los Caballeros Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Economistas de España Categoría:Personalidades sen imaxes