Las Condes é un municipio e comuna do Gran Santiago. En 2002, a comuna tiña un total de 249.893 habitantes. A súa área é de 99 km2.

Xeografía O distrito atópase nunha zona de transición no val da capital e a precordilleira dos Andes. O terreo é predominantemente chan e sucado ás veces por lixeiros outeiros e desniveis propios da zona; o terreo comeza a elevarse a medida que se ascende a precordilleira. Existen cerros como o Calan ou o Apoquindo, e ó leste están os Andes.

A maior altura habitable da comuna atópase nos 975 m, no sector de San Carlos de Apoquindo.

Véxase tamén

Ligazóns externas O Municipio de Las Condes

Condes