David Gutiérrez de Coz, nado en Sevilla o 6 de febreiro de 1980, é un exfutbolista español que xogaba de lateral dereito.

Traxectoria Nado en Sevilla, formouse na canteira do Betis. Na tempada 1999/00 debutou co Betis B na Segunda División B, onde xogou tres tempadas antes de asinar coa Asociación Deportiva Ceuta da mesma categoría. No equipo ceutí permaneceu dous anos, e as súas destacadas actuacións levárono a ser fichado polo Xerez Club Deportivo da Segunda División. Alí xogou 30 partidos no seu primeiro ano, marcando dous goles, e 18 no segundo.

Tras comezar a tempada 2007/08 co club xerezano, asinou coa tempada comezada e o período de traspasos fechado polo Real Murcia da Primeira División, grazas a un permiso especial outorgado pola Real Federación Española de Fútbol debido a que o Murcia perdera por unha grave lesión ao veterano Curro Torres. Debutou en Primeira o 24 de novembro de 2007 no empate 1-1 ante o Real Madrid no estadio Nueva Condomina, xogando o partido enteiro,El Madrid resbala en suelo pimentonero; Marca, 24 de novembro de 2007] e mantivo a titularidade durante toda a tempada. Porén, o equipo acabou descendendo finalmente á segunda categoría. De Coz continuou no Real Murcia dous ano máis, até 2010, cando o equipo sufriu un novo descenso, desta vez á Segunda B.

Fichou entón polo Córdoba da Segunda División, onde foi un xogador fundamental nos plans do adestrador Lucas Alcaraz. En agosto de 2011 asinou por dous anos co Granada da Primeira División, sendo inmediatamente cedido ao Cádiz, de Segunda B. Tras un destacábel ano no club gaditano, que conseguiu o ascenso, asinou polo Lugo, de Segunda. Xogou catro anos no club lucense, sendo unha das pezas importantes no equipo adestrado por Quique Setién nas súas dúas primeiras tempadas, pero perdendo protagonismo nas dúas últimas por mor das lesións.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesReal Betis BSegunda B1999-2000170Real Betis BSegunda B2001-2002330Real Betis BSegunda B2002-2003310AD CeutaSegunda B2003-2004340AD CeutaSegunda B2004-2005360Xerez CDSegunda2005-2006302Xerez CDSegunda2006-2007180Xerez CDSegunda200770Real MurciaPrimeira2007-2008200Real MurciaSegunda2008-2009301Real MurciaSegunda2009-2010300Córdoba CFSegunda2010-2011301Cádiz CFSegunda B2011-2012362CD LugoSegunda2012-2013331CD LugoSegunda2013-2014310CD LugoSegunda2014-2015150CD LugoSegunda2015-2016140

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do AD Ceuta Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do CD Lugo