O Encoro das Tres Gargantas (en chinés, 长江三峡大坝) é un encoro no río Yangtzé en Sandouping, na provincia de Hubei, China. É un dos máis grandes encoros do mundo e, con 22.500 megawatts de enerxía hidroeléctrica instalada, desprazou neste eido do liderado mundial ao encoro de Itaipú no Brasil. Rematouse o 30 de outubro de 2008. O encoro construíuse para o control das inundacións, o regadío das terras próximas e a produción de electricidade. Porén, non se fixo sen problemas. Cubriu moitos lugares históricos e provocou o asolagamento dos fogares de 1 240 000 persoasSumamente polémico (en inglés):
. A súa cola chega case ata a cidade de Chongqing, 660 km río arriba. miniatura|dereita|250px|Construción do encoro en 2002. miniatura|dereita|250px|Construción do encoro en 2006.
miniatura|400px|Mapa de situación do Encoro das Tres Gargantas e as principais cidades ao longo do río Yangtzé.|centro Historia O encoro foi proposto por Sun Yat-sen, un líder político chinés, en 1919. O sitio foi inspeccionado en 1932 e 1939 polos chineses e xaponeses, respectivamente. Os xaponeses deseñaron un plan (o plan Otani) para o encoro, para despois decatarse de que seguiría baixo control chinés. Máis tarde, en 1944, os Estados Unidos axudaron a planificar o encoro, pero todo traballo cesou en 1947 debido á Guerra Civil Chinesa (en inglés). En 1949 reanudáronse os traballos de planificación, aínda que moi lentamente debido aos problemas económicos do país. Posteriormente en 1958, foron encarcerados varios enxeñeiros que estaban en contra do encoro (en inglés).
En 1980 os traballos de planificación ían a bo ritmo, pero en 1992 moita xente votou en contra do encoro. Porén, o goberno aprobou o proxecto, e o 14 de decembro de 1994 comezaron as obras (en inglés). No 2009 o encoro comezou a producir hidroelectricidade. En 2011 comezaron a funcionar seis novos xeradores. O encoro estaba a plena capacidade a finais de 2008 (en inglés).
Deseño, custo e finalidades miniatura|dereita|250px|Presa das Tres Gargantas (maqueta). miniatura|dereita|250px|Canal auxiliar e esclusas (maqueta). miniatura|dereita|250px|Presa auxiliar (maqueta). O Encoro das Tres Gargantas fórmase pola acción retentiva dunha presa principal. Ao seu carón, na marxe esquerda do río, construíuse un canal auxiliar e, un pouco máis afastado, un sistema dobre de cinco esclusas. Tanto o canal auxiliar, coa instalación nel dun sistema elevador de barcos, como as esclusas, permiten a navegación fluvial.
A presa ten 2,300 metros de longo, 100 m de altura, 115 m de largo na base e 40 m de largo no cume. Para a súa construción necesitáronse 27 millóns de metros cúbicos de cemento, 460.000 toneladas de aceiro e 100 millóns de m3 de terra (en inglés).
O encoro está a unha altitude de 175 metros, acada unha profundidade de 90 m, ten unha lonxitude de 660 km e unha largura de máis dun quilómetro (en chinés).
A presa tivo un custo de 180.000 millóns de iuans (ao redor de 26 millóns e medio de dólares). A pesar do inmenso investimento, este foi inferior en máis de 20 millóns de iuans (uns 3 millóns de dólares) ao orzamento orixinal. Está previsto que nun prazo de 10 anos estea amortizado o investimento grazas á produción de enerxía hidroeléctrica.
Control das inundacións Un dos principais motivos para construír o encoro foi o control das inundacións subseguintes ás riadas que provocaban considerábeis perdas nas grandes metrópoles situadas río abaixo como Wuhan, Nanjing e Shanghai; amais de en multitude de granxas, vilas, cidades e factorías próximas ao río.
O encoro ten unha capacidade de almacenamento para riadas de 22 km3, suficiente incluso para minimizar os efectos dunha super riada. Durante a estación chuviosa o encoro recolle o exceso de auga, almacenándoa ata a chegada da estación seca, entre decembro e marzo. Durante estes meses libérase o superávit de auga da que se benefician as industrias e terreos agrícolas situadas río abaixo. Amais, esta achega de auga mellora as condicións de navegabilidade do río e fai descender o nivel do encoro a 145 metros, preparándoo así para a próxima estación chuviosa. Porén, o encoro non protexe das inundacións ás terras situadas á beira dos afluentes do Yangtzé situados río abaixo.
Navegación miniatura|dereita|250px|Sistema dobre de esclusas do Encoro das Tres Gargantas. Outra das razóns para a construción do encoro foi facilitar a navegación fluvial para o transporte de persoas e mercadorías polo río Yangtzé. Para tal fin fíxose un sistema dobre de cinco esclusas, cada unha das cales ten 280 metros de longo, 35 m de largo e 5 de profundidade. Son comparábeis en tamaño ás esclusas do Canal de Panamá, un dos máis grandes do mundo. O curso do río anegado polo encoro tiña moitos treitos perigosos para a navegación, motivo polo cal se mellorou a navegación de botes e barcos. Está prevista a construción dun elevador de barcos nun canal auxiliar entre o encoro e as esclusas, capaz para unha carga de ata 3.000 toneladas. (en inglés)
Central hidroeléctrica A Central das Tres Gargantas ten 34 xeradores eléctricos: 32 principais cunha potencia de 700 Mw por xerador, e 2 para o consumo eléctrico do propio encoro con 50 Mw de potencia cada un. Todos eles fan un total de 22.500 Mw de potencia instalada, a maior do mundo (en inglés). Unha idea da descomunal cantidade de potencia instalada desta central, dánola a comparación coa suma de toda a potencia instalada das centrais hidroeléctricas galegas, que é de 3.111 Mw, algo menos cá sétima parte da potencia instalada na central das Tres Gargantas.
Descrición dos xeradores miniatura|dereita|250px|Unha das xigantescas turbinas da central. Dos 32 xeradores principais, 14 están na parte norte da presa, 12 na parte sur e 6 están nunha estación subterránea baixo unha montaña xusto ao sur da presa. A enerxía xerada pode superar os 100 TWh. Cada xerador principal pesa 6.000 toneladas (aproximadamente o mesmo peso que 3.000 coches)Tomando como peso medio dun coche dúas toneladas.. A auga cae 80 metros desde o encoro ata os xeradores, que usan turbinas Francis de 10 m de diámetro e 9,8 m de alto. A cantidade de auga que entra na turbina varía entre 600 e 950 m3 por segundo. A velocidade de rotación da turbina é de 75 rpmRevolucións por minuto.. A eficiencia dos xeradores está entre o 94% e o 96,5%.
Construción Os 14 xeradores principais da parte norte foron instalados entre 2003 e 2005. O 10 de xullo de 2003 comezou a producir electricidade o primeiro deles, o número 2. O último, o número 9, fíxoo o 7 de setembro de 2005. A produción máxima dos xeradores do lado norte (9.800 Mw) conseguiuse por primeira vez o 18 de outubro de 2006 cando a superficie do encoro acadou 156 m sobre o nivel do mar. Os 12 xeradores principais do lado sur instaláronse entre 2007 e 2008. o 11 de xuño de 2007 comezou a operar o primeiro deles, o número 22. O último en activarse foi o número 23, o 19 de agosto de 2008.
Produción eléctrica e distribución O medio milleiro de terawatts-hora de electricidade desde a posta en funcionamento da central acadouse o 16 de agosto de 2011. En 2012, os 32 xeradores da central xeraron a cantidade de 98,1 TWh de electricidade, o 14% do total da enerxía hidroeléctrica chinesa. En 2014 estableceuse un novo récord mundial de produción ao acadárense os 98,8 TWh. En 2017 superáronse os 1.000 Terawatios/hora de produción. miniatura|Produción anual (mes a mes) de electricidade da central das Tres Gargantas. A liña horizontal superior é o límite establecido pola potencia instalada. + Produción anual de electricidade Ano Xeradoresinstalados TWh 2003 6 8,607 2004 11 39,155 2005 14 49,090 2006 14 49,250 2007 21 61,600 2008 26 80,812 2009 26 79,470 2010 26 84,370 2011 29 78,290 2012 3298,100 2013 32 83,270 2014 32 98,800 2015 3287,000 2016 3293,500 2017 3297,600 2018 32100,000 + Total 32 1.188,914 +
Tres liñas de subministración distribúen a electricidade a tres redes eléctricas denominadas Leste, Central e Sur. Unha liña transporta 7.200 Mw á Rede da China Oriental. Un ramal leva 3.000 Mw a Shanghai. Outro ramal vai a Changzhou con outros 3.000 Mw. Un terceiro ramal tamén a Shanghai pasando por Gezhouba ten capacidade para 1.200 Mw. A segunda liña á Rede da China Central transporta 12.000 Mw. A terceira liña cunha capacidade de transporte de 3.000 Mw vai para a Rede da China Meridional (en inglés). O encoro subministra ao redor do 3% de toda a electricidade chinesa, a pesar de ter sido deseñado para a produción do 10% do total nacional. A razón deste desfase haina que buscar no crecemento do consumo, moito máis rápido do que calcularan os deseñadores da central
Beneficios do encoro miniatura|dereita|250px|Vista do encoro augas abaixo. A produción eléctrica da central, de se ter levado a cabo en centrais térmicas convencionais suporía a combustión de 31 millóns de toneladas de combustibles fósiles como carbón e petróleo, que liberarían no medio ambiente: 100 millóns de toneladas anuais de gases de efecto invernadoiro (en inglés). 1 millón anual de toneladas de dióxido de xofre. 370.000 toneladas de óxido nítrico (en grandes cantidades é nocivo para a saúde). 10.000 toneladas de monóxido de carbono Importantes cantidades de mercurio e po.
O encoro favoreceu tamén a navegación fluvial, grazas ás esclusas instaladas no encoro. Algúns beneficios foron: Multiplicouse por 6 a capacidade de tráfico fluvial. Diminuíron un 25% os custos de transporte polo río. A substitución do transporte terrestre polo fluvial evita a emisión de 10 millóns de toneladas de dióxido de carbono (en chinés)
Como consecuencia da construción do encoro moitas conducións de augas fecais que antes vertían directamente no río Yangtzé, están sendo tratadas. Sobre o 65% destas augas reciben tratamento antes de retornar ao encoro. Hai unhas 50 estacións depuradoras de augas residuais na zona. Os residuos sólidos deposítanse agora en 32 vertedoiros capaces de xestionar 7.500 toneladas diarias de residuos (en chinés) (en chinés)
O encoro tamén persuadiu ao goberno da China da necesidade de solucionar o problema da contaminación no río Yangtzé e no resto da China.
Inconvenientes do encoro Reubicación de persoas miniatura|250px|Imaxe de 2005 na que se pode apreciar un panel indicando o nivel que acadarán as augas. Véxase que a casa e os labradíos* quedarán asolagados. Un millón e cuarto de persoas perderon os seus fogares baixo as augas do encoro e tiveron que seren reinstalados en diferentes partes[中港台] 三峡库区城镇完成拆迁-华尔街日报 (en chinés). Este número é aproximadamente o 1,5% da poboación total da zona: a provincia de Hubei (60,3 millóns) e a cidade de Chongqing (31,44 millóns) (en inglés). A maioría dos desprazados foron recolocados preto dos seus antigos fogares a unha altitude suficiente por riba do encoro, porén uns 165.000 se espallaron por 10 provincias limítrofes e na municipalidade de Shanghai, non precisamente por falta de espazo na contorna. Os motivos argüídos polas autoridades para este longo traslado foron de preservación de espazos naturais (en inglés). O 22 de xullo de 2008 rematouse a reubicación. En 2007 algunhas informacións alertaban dos plans da municipalidade de Chongqing de trasladar a 4 millóns de persoas que residen nas proximidades do encoro ás zonas urbanas do municipio para o 2020 (en inglés) (en inglés) (en inglés). En calquera caso, as autoridades explicaron que a reubicación non ten que ver co encoro e obedece a plans urbanísticos, nos que tamén estaría involucrada poboación doutras áreas do municipio (en chinés)
Vida salvaxe ameazada miniatura|Exemplar de Grúa Siberiana.