La Gacetilla de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1872 e 1873.

Historia e características Subtitulado Diario de noticias y anuncios, apareceu en 1872. O seu fundador e director foi Manuel Bibiano Fernández. Aínda que nun principio se declarou independente, co tempo converteuse en republicano. Tiña obradoiros tipográficos propios. Editábase nunha soa folla tamaño folio e contiña as seccións: Gacetilla de las familias, Efemérides, Noticias generales, Crónica local, Espectáculos e Telegrama. O último número editado é do 5 de xullo de 1873. A partir desa data cambiou o seu título por El Diario de Santiago e transformouse en órgano oficioso do Centro de Iniciativa para la Nueva Organización de Galicia.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1872 en Galicia