El Combate foi un semanario que se publicou na Coruña entre 1901 e 1903.
Historia e características Apareceu en febreiro de 1901. Semanario republicano. Estivo dirixido un tempo por Eumenio Rodríguez Rodríguez.El Correo Gallego, 25-10-1904, p. 1. Contiña artigos asinados por coñecidos políticos republicanos como Joaquín Costa, Francesc Pi i Margall, Alejandro Lerroux ou Emilio Castelar, e outros artigos de Antón Vilar Ponte, Vicente Blasco Ibáñez ou Émile Zola. Tamén contou coas colaboracións de Fernando Halcón, Alfredo Calderón, Emilio Menéndez Pallarés, Rodríguez de la Hermida, Manuel Sánchez Roel e Víctor Oscáriz. Publicación de marcado carácter político, na maior parte dos seus números trataba acontecementos da vida política galega e nacional. Suspendeu a súa publicación en xullo de 1901.Revista Gallega, 21-7-1901, p. 2. Foi continuado por Tierra Gallega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1901 en Galicia Categoría:Prensa republicana