Le Phare du bout du monde é unha novela de aventuras do escritor francés Jules Verne que foi escrita en 1901.William Butcher, Jules Verne: The Definitive Biography, Thunder's Mouth Press, 2006, p. 292. ISBN 978-1-56025-854-4. pero que foi publicado postumamente en 1905. O argumento da novela trata sobre a pirataría no Atlántico Sur durante a metade do século XIX, a supervivencia en circunstancias extremas e os eventos ocorridos nun faro. Verne inspirouse no faro real da Illa dos Estados, preto do cabo de Fornos.
Sinopse Nunha illa deshabitada da Patagonia onde se confunden os océanos Atlántico e Pacífico, habita unha banda de piratas dirixidos polo terrible Kongre. Estes piratas adícanse a atacar embarcacións que encallan na zona.
O seu modo de vida vese seriamente ameazado cando o goberno arxentino constrúe e pon en funcionamento un faro que deixa ó coidado de tres fareiros. Os piratas dan morte a dous deles, e queda con vida unicamente ó xefe, Vázquez, que logrado agocharse. O valoroso Vázquez tratará entón de sobrevivir nese illado paraxe, e ó mesmo tempo buscará o xeito de rematar coas falcatruadas dos malfeitores. Posteriormente, un náufrago estadounidense, John Davis, será o compañeiro de Vázquez na súa loita contra os piratas.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1905 Categoría:Novelas en francés Categoría:Novelas de aventuras