Gwernen ap Clyddno (fl. no século XII ou XIII) foi un poeta cortesán galés.
Traxectoria Gwernen é un dos menos coñecidos dos Gogynfeirdd. Non se sabe nada en absoluto sobre el. Non hai referencia ningunha non sendo o seu nome. O nome mesmo de Gwernen é moi infrecuente; hai exemplos del no Libro de Llandaf (en forma de Gwerngen).
A súa obra Só se conservan tres englynion Unodl Union da obra de Gwernen, que son parte dunha cadea máis longa que se perdeu. O texto está no manuscrito Hendregadredd e noutros seis máis tardíos. O tema do poema é o Destino do home, que fala sobre un guerreiro anónimo que non regresou dunha expedición militar.
Véxase tamén
Bibliografía N. G. Costigan (Bosco) (ed.), 'Gwaith Gwernen ap Clyddno', en, Gwaith Dafydd Benfras ac eraill o feirdd hanner cyntaf y drydedd ganrif ar ddeg (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1995). 'Cyfres Beirdd y Tywysogion'.
Categoría:Poetas galeses medievais