Eduardo Iglesias Añino, nado en Teis o 14 de outubro de 1850 e finado en Vigo o 18 de xuño de 1916, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Pedro Iglesias Vázquez, médico santiagués que exercía en Teis e que foi alcalde presidente do concello de Lavadores.«La hemeroteca del decano». «Hace 130 años 31-05-1882» Faro de Vigo, 31/5/2012 Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en Madrid. Instalouse en Vigo como avogado en 1876, e integrouse no Partido Liberal, alcanzando a xefatura do partido e converténdose no home de Ángel Urzáiz en Vigo. Foi deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui (1882, 1888 e 1892) e alcalde de Vigo (1887-1888).
O 30 de abril de 1919 inaugurouse na súa memoria unha lápida de bronce na antiga rúa do Circo, de Vigo, creada polo escultor valenciano Mariano Benlliure,"Descubrimiento de la Artística lápida que Da el nombre del abogado vigués D....". Archivo ABC. que máis tarde foi trasladada ao Museo Quiñones de León, onde permanece exposta."Obra pública". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
Os seus restos repousan no Cemiterio de Pereiró.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Alcaldes de Vigo Ligazóns externas Lápida a Eduardo Iglesias, 1919 c. do escultor Mariano Benlliure, exposta no Museo Municipal Quiñones de León.
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela