miniatura|300px|Traiñeira de pescadores na baía de Santander (Cantabria) a principios do século XX. miniatura|300px|Panorámica dunha traiñeira de competición durante unha regata na baía de Santander (Cantabria), a principios do século XX. A traiñeira é, orixinalmente, unha embarcación propia da costa cantábrica, impulsada a remo e ás veces a vela. Antigamente estaba adicada á pesca, mais na actualidade é empregada para deporte de regatas.
Etimoloxía O seu nome sempre foi moi discutido e mesmo se lle chama con frecuencia traíña, mais esta denominación non é correcta, xa que traíña (como traiñón) se refire ao nome da arte de pesca e non ao da embarcación.A embarcación na web do CR Cabo da Cruz. O seu nome polo tanto parece derivar da palabra "traína", denominación dunha rede de malla moi tupida empregada para as capturas, principalmente, de anchoa e sardiña.
Características miniatura|right|300px|Ilustración dunha traiñeira. A traiñeira é a embarcación raíña do banco fixo e a meirande das tres empregadas na práctica deportiva (batel e traiñeiriña son as outras dúas), tanto polas súas dimensións como polo número de remeiros, xa que a tripulación está composta por 12 remeiros que se distribúen por parellas (seis filas), un "palotero" que vai na proa da embarcación (tanto os remeiros como o "palotero" vogan de costas), e un patrón situado na popa xeralmente de pé mirando a proa e manexando a embarcación co temón, o que fai un total de 14 tripulantes. O seu peso mínimo é de 200 Kg e as súas dimensións son as seguintes:
Eslora total: 12 m Puntal mínimo a proa: 95 cm Puntal mínimo a popa: 75 cm Puntal mínimo en caderna mestra: 60 cm Manga mínima inferior en caderna mestra: 1.72 m Manga da caderna mestra a 0.23 da cara superior quilla: 1.17m
O material empregado durante anos era a madeira na súa totalidade, de cedro e faia. Actualmente, empréganse a fibra de carbono e o kevlar para realizar embarcacións con técnicas de aeronáutica, semellantes ás aplicadas na construción do fuselaxe do avión Airbus A380.
A embarcación é dunha peza e ten maior resistencia que anteriormente. A vida dunha embarcación nun club importante adoita ser de dous ou tres anos. Unha traiñeira, en 2008, tiña un prezo aproximado de 25.000 euros.Las traineras se construyen con avanzadas técnicas de la aeronáutica El Diario Montañés. Os remos, ao igual que as embarcacións, eran de madeira, mais tamén mudaron á fibra de carbono.
Embarcación deportiva miniatura|right|300px|Traiñeiras na XI Bandeira Teresa Herrera na Coruña durante a Liga Galega de Traiñeiras. miniatura|right|300px|Remeiros nunha traiñeira. Orixe das regatas de traiñeiras As traiñeiras son un claro exemplo de como o emprego dun instrumento de traballo vai desaparecendo co paso do tempo, dando lugar á competición e ao xogo, pasando a ser na actualidade unha embarcación deportiva de remo de banco fixo cunha estrita regulamentación no que se refire ao peso, dimensións etc. O primeiro rexistro coñecido data de 22 de xullo de 1719, cando unha tripulación de Bermeo retou a unha de Mundaka: a illa de Izarro foi gañada por bermeotarrak. Porén pénsase que antes tiveran lugar moitas outras regatas por outros motivos. Nos séculos XVIII e XIX as regatas foron case sempre consecuencia dos desafíos.Euskaldunen itsasoa – La mer des Basques. Catalogue de l’exposition organisée par Itsas Begia.
Principais competicións Actualmente o calendario consta de:
"Descensos" (normalmente dun río), ao principio da tempada. A partir de xuño comezan as regatas que non están incluídas nas ligas. As regatas das ligas (Liga San Miguel-ACT, Liga ARC e Liga Galega de Traiñeiras) en xullo e agosto. Campionatos nacionais e o Campionato de España de Traiñeiras.
Entre todas as regatas do calendario destacan as tres máis antigas: Bandeira de Santander, Gran Premio do Nervión e a Bandeira da Concha (denominada coloquialmente "a olimpíada do remo"). Estas tres regatas, por mor da súa localización (as tres capitais de provincia, Santander, Bilbao e Donostia), foron historicamente as mellores e máis famosas. Outra competición importante en Galicia é a Bandeira Teresa Herrera, que cumpriu a XI edición en 2012.
Nas regatas unicamente participan traiñeiras de clubs representantes da costa cántabra: Galiza, Asturias, Cantabria, Euskadi e o País Vasco Francés; e ademais do correspondente premio en metálico da cada regata, ao club gañador outórgaselle unha bandeira da localidade que acolle a competición ou do patrocinador da mesma.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Remo Liga Galega de Traiñeiras Campionato Galego de Traiñeiras Liga ACT Liga ARC Batel Batteleku Chipironera
Ligazóns externas Todoremo.com - Sitio web con toda a información sobre o remo en traiñeiras Sitio web da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) Sitio web da Liga ACT Sitio web oficial da "Bandeira da Concha" Reportaxe sobre traiñeiras Galeotes del Cantábrico 20px Documental "Traineras" de Elías Querejeta (en seis partes)
Categoría:Tipos de barcos Categoría:Barcos de vela