Berlin is in Germany é un filme alemán dirixido por Hannes Stöhr que se estreou no 2001.
Sinopse Prisión de Brandenburgo, ano 2000. Martin Schultz, de 36 anos de idade, é posto en liberdade tras 11 anos no cárcere. En calidade de cidadán da anterior República Democrática Alemá, de Berlín Leste, viviu a caída do Muro de Berlín dende a súa cela na prisión. Ó ser liberado, entréganlle os obxectos que levaba no momento da súa detención: un carné de identidade da RDA, de cor azul, un permiso de conducir da RDA e unha carteira con cartos da RDA.
Personaxes Jörg Schüttauf como Martin Schulz Julia Jäger como Manuela Schulz Robin Becker como Rokko Schulz Robert Lohr como Wolfgang Riedel Thomas Jahn como Peter Pau Valentin Plătăreanu como Victor Valentin Edita Malovcic como Ludmila Oscar Martínez como Enrique Cortés
Galardóns e nomeamentos 2001: Berlín: sección Panorama: Premio do público.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña