O zulú é un pobo do sur da África. Vive en territorios que na actualidade pertencen administrativamente a Suráfrica, Lesotho, Eswatini, Zimbabwe e Mozambique. Aínda que hoxe teña expansión e poder político restritos, o pobo zulú foi, no pasado, unha nación guerreira que resistiu á invasión imperialista británica e boer no século XIX.
A súa lingua principal é denominada isiZulu, un idioma da familia bantú.
A poboación zulú foi estimada nuns 14 millóns 2001, máis de 10 millóns só na República de Suráfrica. Neste país, vive principalmente na provincia de KwaZulu-Natal, da que é orixinaria.
Personalidades Históricas Zulús Shaka Cetewayo Senzangakona Dingane Mhlangane Mpande Zwelithini
Cidades Históricas Zulús Amatikulu Bapedi Hlobane Isandhlwana Ulundi Umtata Umfoloci
Notas
Categoría:Grupos étnicos de Suráfrica