El Independiente foi un periódico editado en Vigo entre 1885 e 1903.
Historia e características Subtitulado Diario de la mañana, apareceu o 17 de setembro de 1885, para substituír a Diario de Vigo. En 1889 cambiou o subtítulo por Diario de intereses materiales e en 1895 por Diario de intereses generales. Propiedade de Ángel Varela Gómez, estaba dirixido por Pascual Ruiz Enríquez. Entre os seus colaboradores figuraron Emilio Castelar, Luis A. Mestre, Ramiro Vieira Durán, Ángel Bernárdez Rodríguez, Bartrina e Ignacio García Sánchez. En 1897 pasou a ser director o propietario Ángel Varela Gómez, redactor xefe José Campo Moreno e redactores Jaime Solá e Celestino Madrigal Estévez. A finais de 1901 pasou a ser o seu propietario Federico Barba. En abril de 1902 cesou o director Ángel Varela, sendo substituído por Jaime Solá.El Correo Gallego, 2-4-1902, p. 1. En 1903 foi adquirido por Jaime Solá, quen lle deu un novo rumbo e lle cambiou o nome polo de Noticiero de Vigo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1885 en Galicia