Miguel Rodríguez Guerra, nado en Mouricios (Chantada) o 18 de agosto de 1808 e finado na mesma parroquia o 23 de agosto de 1889, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito perante a Audiencia da Coruña. De volta a Chantada, foi alcalde do concello e Xefe da Milicia Nacional. Foi gobernador civil de Lugo, Ourense, Palencia, Badaxoz, Huesca e Burgos. Foi presidente da Deputación de Lugo. De ideas carlistas, colaborou na década de 1840 co liberalismo, presentouse a deputado polo distrito de Fonsagrada en 1846, pero as eleccións foron anuladas; foi elixido deputado polo distrito de Chantada (1851-1852 e 1863-1866) e o de Lugo (1858-1863). Foi senador pola provincia de Lugo (1884-1885).

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na web do concello de Chantada Xenealoxía Rodríguez Guerra, Miguel

Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Gobernadores civís de Palencia Categoría:Gobernadores civís de Badaxoz Categoría:Gobernadores civís de Huesca Categoría:Gobernadores civís de Burgos Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1889