miniatura|200px|Tableta de arxila sumeria con escritura cuneiforme de finais do III milenio a. C. A innovación da escritura é de tal magnitude para o desenvolvemento da civilización que se identifica coa Historia mesma.O III milenio a. C. comezou o 1 de xaneiro do 3000 a. C. e terminou o 31 de decembro do 2001 a. C. Fitos Imhotep, visir, médico, astrólogo e arquitecto do faraón Zoser, constrúe (c. 2650 a. C.) a pirámide de chanzos de Saqqara, a primeira «gran pirámide» do mundo. Finalización da primeira fase do Stonehenge monumento megalítico de Inglaterra. Comeza a civilización minoica en Creta; desenvolverase entre os anos 3000 e 1200 a. C. Os seus primeiros palacios foron construídos ao final do Minoico Inicial neste III milenio a. C. A estatua O escriba sentado foi esculpida entre os anos 2480 e 2350 a. C., nunha época en que Exipto estaban no cumio da súa gloria e xa se abandonara a construción de grandes pirámides. Os primeiros cultivos da uva (vitis vinifera) ocorreron na idade de bronce en lugares próximos ao Oriente Próximo, Sumeria e Antigo Exipto. Notas
-3