Kosmos 108 (Космос 108 en ruso), tamén denominado DS-U1-G Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 11 de febreiro de 1966 mediante un foguete Kosmos desde a base de Kapustin Yar.
Características Kosmos 108 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-U1-G. Estaba adicado a estudar as capas superiores da atmosfera terrestre e a súa relación coas variacións da actividade solar. Foi inxectado nunha órbita inicial de 865 km de apoxeo e 227 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,9 graos e un período de 95,3 minutos. Reentrou na atmosfera o 21 de novembro de 1966.
Notas
Véxase tamén Outros artigos DS-U1-G Kosmos 196
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U1-G