DS-U1-IK foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado ó estudo da ionosfera terrestre.
En total lanzáronse dous satélites da serie DS-U1-IK: o Interkosmos 2 o 25 de decembro de 1969, e o Interkosmos 8 o 30 de novembro de 1972. Interkosmos 2 foi lanzado desde a base de Kapustin Yar, mentres que Interkosmos 8 foi lanzado desde o cosmódromo de Plesetsk. Ámbolos dous foron lanzados con éxito mediante foguetes Kosmos 2I.
Os dous satélites da serie DS-U1-IK enmarcáronse no programa Interkosmos de colaboración internacional entre a Unión Soviética e outros países. Os satélites foron construídos pola oficina de deseño de Yuzhnoye, con variacións introducidas por V. F. Chutkin e V. S. Budnik para esta serie en particular.
Historial de lanzamentos Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 25 de decembro de 1969, 9:59 GMT Kapustin Yar Interkosmos 2 Éxito Primeiro voo dun DS-U1-IK. 30 de novembro de 1972, 21:49 GMT Cosmódromo de Plesetsk Interkosmos 8 Éxito Último voo dun DS-U1-IK.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:DS-U1-IK