O Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho foi un certame literario creado pola Agrupación Cultural O Facho en 1968 co obxecto de dinamizar e normalizar a lingua galega. Premia obras de literatura infantil e xuvenil. Obras premiadas

1968: A galiña azul, Carlos Casares. 1969: O león e o paxaro rebelde, Bernardino Graña. 1971: O espantallo, Xosé Agrelo Hermo. 1972: O bosque de Ouriol, Arcadio López-Casanova. 1973: Sabeliña e os ratos, Paco Martín. 1974: Zoca, zoqueira, Xoán Babarro. 1975: O cataventos, María Victoria Moreno. 1976: Cascabel, o cabaliño do circo, Dora Vázquez. 1977: Os amigos do cabeceiro, Ana María Fernández Martínez. 1979: O Rei de nada, Sabela Álvarez Núñez. 1980: O país dos ríos, Xesús Pisón. 1984: O demo presumido, Xesús Pisón. 1985: Hestoria de Fertolpo, Alfonso Álvarez Cáccamo.

Facho Categoría:Literatura infantil