Llorenç Villalonga i Pons, nado en Palma en 1897 e finado en 1980, foi un escritor mallorquín en lingua catalá.
Traxectoria Fillo dun militar que procedía da oligarquía local, viviu en diferentes cidades seguindo os destinos dos seus pais, residindo en 1903 na Coruña. Estudou medicina en Barcelona e Zaragoza, facendo a especialidade de psiquiatría en París, onde coñeceu as obras de Marcel Proust. De volta a Mallorca instalouse como psiquiatra e foi subdirector do psiquiátrico provincial ata 1967, colaborando con publicacións literarias da illa e sendo director da revista literaria Brisas entre 1934 e 1936.
Trala guerra civil trasladouse a vivir a Binissalem e dedicouse a escribir. Redactou a primeira versión de Bearn o La sala de les nines en 1945, presentada ao Premio Nadal de 1955. Ao ano seguinte editouse por primeira vez, na súa versión en castelán, e ata 1961 non se publicou a versión catalá.
Boa parte das súas obras céntranse, nun ton pesimista, no conflito entre o mundo antigo e o da posguerra.
Obras Novela Mort de dama, 1931 Bearn o La sala de les nines), 1956, a versión orixinal en catalán editouse en 1961 La novel·la de Palmira, 1952 La gran batuda, 1968 Desenllaç a Montlleó, , 1963 L'hereva de Donya Obdúlia, 1964 (a primeira versión apareceu como Mme Dillon en Brisas,1937) Les fures, 1967 El misantrop, 1972
Teatro Fedra, 1932 Faust, 1956 Aquil·les o l'impossible, 1964 Els desbarats, 1965 Un estiu a Mallorca, 1975 A súa peza breve A Tuta e a Ramoneta foi representada en 1983 polo grupo Sarabela Teatro, traducida por Xosé Luís Grande Grande en 1984, nos Cadernos da Escola Dramática Galega.
Categoría:Escritores das Illas Baleares Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Psiquiatras de España Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1980