O Gran Premio de Bélxica de 1956 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 3 de xuño de 1956 no Circuíto de Spa-Francorchamps en Spa, Bélxica. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de Pilotos 1956.
Informe
Logo da primeira xornada de adestramentos do xoves, Fangio estaba na pole cun tempo de case 5 segundos máis rápido que Moss no segundo lugar. Estes tempos non se melloraron coas condicións de mollado do venres e as condicións de vento do sábado.
Estaba chovendo cando a carreira comezou, Fangio fixo unha mala saída e quedou no quinto lugar e Moss na cabeza. Pero na volta 3 Fangio xa estaba en segundo lugar, logo de pasar a Behra, Collins e a Castellotti. Na quinta volta xa ía líder e na volta 10 xa tiña unha vantaxe de 8 segundos sobre Moss, con Collins terceiro, nunha pista xa seca. Collins acadou o segundo lugar, cando Moss perdeu unha das rodas traseiras, no ascenso despois da ponte de Eau Rouge. Foi capaz de frear con seguridade e correr de volta a boxes e facerse cargo do coche de Perdisa. Retomou en sexto lugar, pero a unha volta dos líderes. Collins tomou o liderado definitivo cando Fangio perdeu a súa transmisión na volta 24. Unha dura batalla polo segundo posto entre Behra e Frere terminou cando o motor Behra comezou a fallar. Isto permitíulle a Moss acadar á terceira posición, despois de pasar a Schell anteriormente. Moss terminou a carreira cun ritmo vertixinoso, pero os dous líderes estaban demasiado lonxe para compensar a diferenza.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Peter Collins Ferrari 36 2:40:00.3 3 8 2 6 Paul Frère Ferrari 36 +1:51.3 8 6 3 34 Cesare Perdisa Stirling Moss Maserati 36 +3:16.6 9 23 4 10 Harry Schell Vanwall 35 +1 volta 6 3 5 22 Luigi Villoresi Maserati 34 +2 voltas 11 2 6 20 André Pilette Ferrari 33 +3 voltas 16 7 32 Jean Behra Maserati 33 +3 voltas 4 8 24 Louis Rosier Maserati 33 +3 voltas 10 Ret 2 Juan Manuel Fangio Ferrari 23 Transmisión 1 Ret 12 Maurice Trintignant Vanwall 11 Sistema combustible 7 Ret 30 Stirling Moss Maserati 10 Roda 2 Ret 4 Eugenio Castellotti Ferrari 10 Transmisión 5 Ret 28 Piero Scotti Connaught-Alta 10 Motor 12 Ret 26 Horace Gould Maserati 2 Caixa de cambios 15 Ret 36 Paco Godia Maserati 0 Accidente 13
Posicións logo da carreira Pos Piloto Puntos 10px 8 1 Peter Collins 11 10px 1 2 Stirling Moss 11 10px 2 3 Jean Behra 10 10px 2 4 Juan Manuel Fangio 9 10px 1 5 Pat Flaherty 8 Nota: Só as cinco primeiras posicións están na lista.
Notas
Pole position: Juan Manuel Fangio - 4:09.8 Volta rápida: Stirling Moss - 4:14.7 Líderes por volta: Stirling Moss 4 voltas (1-4); Juan Manuel Fangio 19 voltas (5-23); Peter Collins 13 voltas (24-36). Unica aparición nun Gran premio para Piero Scotti. Derradeira aparición nun Gran Premio para: Paul Frère. Primeira vez: Peter Collins (vitoria e líder de volta); Harry Schell (puntos); Paul Frère (podio). Unidade compartida: Coche 34: Perdisa (13 voltas) e Moss (23 voltas).
Ligazóns externas
Categoría:Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1956