Ramón Bustelo González, nado en Ribadeo o 9 de marzo de 1868 e finado en 1942, foi un financeiro e político galego.
Traxectoria Fillo de José Bustelo e de Brígida González Santamarina, herdeiro da Banca Martínez Bengoechea, que pasou a ser coñecida como Banca Bustelo. Membro do Partido Liberal afín a Segismundo Moret, foi deputado provincial e elixido deputado a Cortes por Ribadeo nas eleccións de 1901. Volveu ser elixido en 1903, 1905, 1910, 1914, 1916, 1918, 1919, 1920 e 1923. Foi senador pola provincia de Lugo na lexislatura 1907-1908. Foi subsecretario de Abastecementos.
Foi presidente do Club Deportivo Ribadense en 1913.
Vida persoal Casou con Rosario Vázquez Gómez, irmá de Adolfo Vázquez Gómez, foi pai de Francisco, Ramón e Mercedes Bustelo Vázquez, que casou con Leopoldo Calvo Sotelo, e avó materno de Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo.Genealogía de don Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo.
Notas
Categoría:Políticos do Partido Liberal (España) Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes