Finlandia Propia (; ) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao oeste do país, na provincia histórica de Finlandia Propia e na actual provincia de Finlandia Occidental. A súa capital é Turku, sendo tamén a cidade máis poboada da rexión, residindo na súa aglomeración e arredores dous terzos da poboación total da rexión.

Finlandia Propia limita ao norte coas rexións de Satakunta e Pirkanmaa, ao leste coa de Tavastia Propia, e ao sur coa de Uusimaa.

A rexión é a 3ª máis poboada, e a 10ª máis extensa do país.

Xeografía A rexión está situada na unión do Golfo de Finlandia e o Golfo de Botnia. O interior da rexión, unha meseta pouco elevada (100 m de altitude) onde nacen varios ríos de mediana importancia (sendo os máis importantes o Paimionjoki e o Aurajoki) que descenden cara ao mar en dirección nordeste suroeste, está pouco poboado. Os outeiros son pouco elevados (máximo de 159 m en Somero) mais o relevo é, porén, aparente, contrastando coas zonas máis chas de Ostrobotnia ou Satakunta. A zona costeira e os vales principais están moi poboados, estando nestas zonas as principais cidades, Salo, Paimio, Uusikaupunki e a capital, Turku. A zona suroeste está formada polo Arquipélago finlandés, ofrecendo a vista dunha das costas máis recortadas do mundo, con milleiros de illas, globalmente pouco poboadas, excepto no verán, debido ao gran número de residencias secundarias construídas no arquipélago.

Concellos 300px|miniatura|Mapa da rexión. As subrexións aparecen coas seguintes cores: o verde é Vakka-Suomea, o azul é Turku, o amarelo é Loimaa, o vermello é Salo, e o laranxa é Turunmaa - Åboland. Os concellos escuros son cidades. miniatura|300px|Vista da cidade de Turku, a capital da rexión e a cidade máis grande. miniatura|Vista da illa de Utö, integrada dentro da municipalidade de Parainen. A rexión de Finlandia Propia consta de 27 concellos, do cal 11 son considerados cidades.

NomeEscudoTipo depoboaciónPoboación SuperficieDensidade depoboación SubrexiónFundación Turku 23px|center Capital da rexión 178.564 306,36 km² 726,87 hab/km² Turku 1229 Salo 23px|center cidade 55.184 2.168,31 km² 27,78 hab/km² Salo 1887 Kaarina 23px|center cidade 31.158 179,50 km² 207,25 hab/km² Turku 1869 Raisio 23px|center cidade 24.602 50,06 km² 504,55 hab/km² Turku 1292 Naantali 23px|center cidade 18.877 687,98 km² 60,60 hab/km² Turku 1443 Loimaa 23px|center cidade 16.849 851,93 km² 19,87 hab/km² Loimaa 1921 Uusikaupunki 23px|center cidade 15.616 1.932,64 km² 31,08 hab/km² Vakka-Suomi 1617 Lieto 23px|center concello 16.803 200,17 km² 84,65 hab/km² Turku 1331 Parainen 23px|center cidade 15 549 5.548,24 km² 17,63 hab/km² Turunmaa - Åboland 2009 Paimio 23px|center cidade 10.517 242,25 km² 44,12 hab/km² Turku 1997 Somero 23px|center cidade 9.264 697,68 km² 13,87 hab/km² Salo 1867 Masku 23px|center concello 9.641 204,13 km² 55,12 hab/km² Turku - Laitila 23px|center cidade 8.461 545,33 km² 15,91 hab/km² Vakka-Suomi 1868 Pöytyä 23px|center concello 8.523 773,69 km² 11,36 hab/km² Loimaa - Mynämäki 23px|center concello 8.012 536,09 km² 15,42 hab/km² Turku - Kemiönsaari 23px|center concello 7.158 2.800,87 km² 10,42 hab/km² Turunmaa - Åboland 2009 Rusko 23px|center concello 5.874 127,90 km² 46,21 hab/km² Turku - Nousiainen 23px|center concello 4.821 199,43 km² 24,25 hab/km² Turku 1867 Aura 23px|center concello 3.971 95,57 km² 41,80 hab/km² Loimaa 1917 Sauvo 23px|center concello 3.047 299,68 km² 12,07 hab/km² Turku - Koski Tl 23px|center concello 2.453 192,42 km² 12,81 hab/km² Loimaa 1869 Vehmaa 23px|center concello 2.355 202,09 km² 12,48 hab/km² Vakka-Suomi 1869 Pyhäranta 23px|center concello 2.187 291,75 km² 15,27 hab/km² Vakka-Suomi - Marttila 23px|center concello 2.000 195,99 km² 10,24 hab/km² Loimaa 1409 Taivassalo 23px|center concello 1.676 217,71 km² 11,94 hab/km² Vakka-Suomi 1155 Oripää 23px|center concello 1.427 117,73 km² 12,13 hab/km² Loimaa - Kustavi 23px|center concello 886 769,88 km² 5,35 hab/km² Vakka-Suomi 1874

Antigos concellosLakkautetut kunnat aakkosjärjestyksessä, 71–78. ISBN 978-952-244-368-7 (pdf) Kunnat ja kuntapohjaiset aluejaot 2012 23px Alastaro 23px Angelniemi 23px Askainen 23px Dragsfjärd 23px Halikko 23px Hiittinen 23px Houtskari 23px Iniö 23px Kakskerta 23px Kalanti 23px Karinainen 23px Karjala 23px Karuna 23px Kemiö 23px Kiikala 23px Kisko 23px Korppoo 23px Kuusisto 23px Kuusjoki 23px Lemu 23px Loimaa 23px Lokalahti 23px Maaria 23px Mellilä 23px Merimasku 23px Metsämaa 23px Mietoinen 23px Municipio rural de Muurla 23px Municipio rural de Naantali 23px Nauvo 23px Paattinen 23px Parainen 23px Concello rural de Parainen 23px Perniö 23px Pertteli 23px Piikkiö 23px Pyhämaa 23px Rymättylä 23px Somerniemi 23px Suomusjärvi 23px Särkisalo 23px Tarvasjoki 23px Uskela 23px Municipio rural de Uusikaupunki 23px Vahto 23px Velkua 23px Västanfjärd 23px Yläne

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web

Categoría:Rexións de Finlandia