Manuel Rey Gómez, coñecido como Villagarcía, nado en Cambados en 1904 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria Instalado en Vigo, durante a República foi detido en varias ocasións acusado de maleante.La Voz de la Verdad, 29-11-1931, p. 4.El Progreso, 16-2-1933, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido, xulgado en consello de guerra sumarísimo e condenado a morte. Foi executado no Cemiterio de Pereiró xunto aos deputados Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía, o concelleiro Ramón González Brunet e o alcalde, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela, o mestre e pedagogo, Apolinar Torres e o dirixente socialista Ubaldo Gil Santóstegui.Sentenza, páx. 99-100 en Claridade. Revista da Fundación Luís Tilve. Setembro de 2007

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos