O termo expresión, do latín expressĭo, -ōnis (etimoloxicamente, movemento do interior cara ao exterior, é dicir, unha presión cara a fóra), é a demostración de ideas ou sentimentos.

A expresión pode quedar como un acto íntimo do que se expresa, ou transformarse nunha mensaxe que un emisor transmite a un receptor, co que se converte en comunicación.

Segundo a forma de linguaxe utilizada para a expresión, diferéncianse varios tipos ou formas de expresión:

a expresión artística, en arte, mediante a linguaxe artística, expresión literaria, en literatura, mediante a linguaxe literaria, expresión poética, en poesía, mediante a linguaxe poética, expresión teatral, en teatro, mediante os anteriores e, ademais, a linguaxe escénica, a expresión corporal é o comportamento exterior espontáneo ou intencional, que traduce emocións ou sentimentos mediante a linguaxe corporal (que tamén forma parte de disciplinas artísticas como o mimo, a danza e o propio teatro), a expresión facial é a manifestación dos sentimentos a través do rostro, a expresión sonora, a que se manifesta a través de sinais acústicas intelixíbeis, e a expresión oral, a que se manifesta mediante a fala; o seu oposto é a expresión escrita.

O termo expresión adquire significados moi precisos en distintas disciplinas:

En bioloxía, a expresión xénica é a transformación da información do ADN en proteínas a través do ARN mensaxeiro. En lingüística, unha expresión antonomástica é a utilización do atributo como nome propio. En matemática, unha expresión matemática é é unha disposición escrita de símbolos seguindo as convencións sintácticas dependentes do contexto da notación matemática. En informática, a expresión é parte da programación; ademais, a expresión regular é a descrición dun conxunto de cadeas sen enumerar os seus elementos. En dereito, a liberdade de expresión, é o dereito humano que consagra a liberdade de comunicar os puntos de vista propios aos demais.