Luis Poza Pastrana, nado en Pontevedra en 1909 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria miniatura|dereita|Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936. dereita|miniatura|Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

Fillo de Celestino Poza Cobas. Médico no Hospital Provincial de Pontevedra. Socio do Centro Republicano, militou primeiramente no Partido Radical-Socialista, e ingresou posteriormente no Partido Galeguista (o 1 de agosto de 1935). Era membro do Comité de Cooperación Intelectual de Pontevedra (con Luciano del Río, Evaristo Mosquera Martínez, Javier Andrade Cimadevila, Bernardo Salom de la Hoz e Tabucho Pintos Fonseca), e foi un dos que recibiu en Pontevedra, o 19 de novembro de 1932, a Federico García Lorca. Nas eleccións de febreiro de 1936 participou como orador en mitins da Fronte Popular.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6. Foi destituído da súa praza de médico o 18 de agosto de 1936.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1909 Categoría:Fusilados Categoría:Finados en 1936