DS-U2-GK foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado a facer estudos xeofísicos, incluíndo a observación da atmosfera superior, medicións da densidade do aire e observación de auroras polares.

En total lanzáronse dous satélites da serie DS-U2-GK: o Kosmos 261 o 19 de decembro de 1968, e o Kosmos 348 o 13 de xuño de 1970. Ámbolos dous satélites foron lanzados desde o cosmódromo de Plesetsk con éxito mediante foguetes Kosmos 2I.

Historial de lanzamentos Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 19 de decembro de 1968, 23:55 GMT Kapustin Yar Kosmos 261 Éxito Primeiro voo dun DS-U2-GK. 13 de xuño de 1970, 4:59 GMT Kapustin Yar Kosmos 348 Éxito Último voo dun DS-U2-GK.

Notas

Categoría:DS-U2-GK