Xesús Manuel Suárez García, nado en Santiago de Compostela en 1955, é un médico e político galego.
Traxectoria Médico endocrinólogo e profesor de Dietética. Foi secretario e tesoureiro da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Metabolismo e Nutrición.
Foi candidato nas primeiras eleccións democráticas. Militante do Partido Galeguista dende a súa fundación en 1978, integrouse no novo Partido Galeguista en 2004, no que foi secretario xeral e vicepresidente. No IX Congreso, celebrado en Monforte de Lemos o 26 de xaneiro de 2008, foi elixido presidente.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Protestante Digital
Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades do protestantismo de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes