O río Boyne (en inglés: River Boyne; en irlandés: An Bhóinn ou Abhainn na Bóinne) é un río de Leinster, Irlanda, cun curso duns 112 km de lonxitude. Nace en Trinity Well, Newberry Hall, preto de Carbury, Condado de Kildare, e corre cara ao nordeste a través do condado de Meath até o Mar de Irlanda, desembocando entre Mornington e Baltray. No río abundan os salmóns e as troitas.
Pontes a destacar son a que a da autoestrada M1 e a da liña de ferrocarril Dublín-Belfast.
A pesar do seu curto percorrido, o Boyne ten connotacións históricas, arqueolóxicas e míticas importantes. A Batalla do Boyne, a maior batalla da historia irlandesa, tivo lugar polo Boyne preto de Drogheda en 1690 durante a Guerra Guillermita de Irlanda. Pasa cerca da antiga cidade de Trim, a Hill of Tara (a antiga capital do Gran Rei de Irlanda), Navan, Slane, Brú na Bóinne (sitio arqueolóxico), Mellifont Abbey, e a cidade medieval de Drogheda. Na val do Boyne tamén se poden atopar outros monumentos históricos, en Loughcrew e Kells, cruces celtas, castelos...
O río é coñecido deste tempos antiquísimos. O xeógrafo grego Tolomeo debuxou un mapa de Irlanda no século II que incluía o Boyne, que chamou Βουουινδα (Bououinda), que mil anos despois Giraldus Cambrensis chamaría Boandus. Na mitoloxía irlandesa dise que o río foi creado pola deusa Boann ('raíña' ou 'deusa'), segundo F. Dinneen, lexicógrafo da lingua gaélica irlandesa, sendo Boyne a forma anglicanizada do nome. Noutras lendas, foi neste río onde Fionn mac Cumhail capturou a Fiontán, o salmón da sabedoría. A sección sobre Meath do Boyne é tamén coñecida como "Smior Fionn Feidhlimthe"Dineen: Foclóir Gaedhilge agus Béarla, 1927 ("Smior" - pg 1067, Ed.1996) (a 'medula de Fionn Feilim').
En 2006, foron encontrados restos dun barco viquingo no leito do río en Drogheda durante unhas operacións de dragado.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Salmon fishing on the River Boyne, from Salmon Ireland A canoeing and kayaking guide to the River Boyne, from Irish Whitewater
Categoría:Ríos de Irlanda Categoría:Ríos da República de Irlanda