As unidades de superficie son patróns establecidos mediante acordos para facilitar o intercambio de datos nas medicións de áreas cotiás ou científicas e simplificar radicalmente as transaccións comerciais.

A medición é a técnica mediante a cal asignamos un número a unha propiedade física, como resultado de comparar dita propiedade con outra similar tomada como patrón, a cal se adopta como unidade. A medida dunha superficie dá lugar a dúas cantidades diferentes se se empregan distintas unidades de medida. Así, xurdiu a necesidade de establecer unha unidade de medida única para cada magnitude, de modo que a información fose facilmente comprendida por todos.

Sistema Internacional de Unidades (SI)

Unidade básica: metro cadrado ou centiárea.

Múltiplos: quilómetro cadrado hectómetro cadrado ou hectárea decámetro cadrado ou área

Submúltiplos: decímetro cadrado centímetro cadrado milímetro cadrado

Sistema inglés de medidas

polgada cadrada pé cadrado iarda cadrada rod cadrado rood acre homestead milla cadrada legua cadrada

Outros ferrado día de gües dunam métrico barn (usado en física nuclear)

Categoría:Unidades de superficie