Joaquín Sarmiento Garra, nado en Ourense o 1 de marzo 1912 e finado en Ponteareas o 30 de abril 2002, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Joaquín Sarmiento Rivera e Angelina E. Garra Castellanzuelo, sobriño de Amado Garra Castellanzuelo. Colaborou en Heraldo de Zamora.Heraldo de Zamora, 12-12-1929, p. 2.Heraldo de Zamora, 1-7-1930, p. 2. Falanxista dende 1934, foi fundador de Falange Española en Ponteareas. Foi xefe das milicias de Falange en Ourense antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Voluntario falanxista na guerra civil alcanzou o grao de tenente. Foi xefe provincial de Prensa e Propaganda de FET y de las JONS en Ourense.Biografía en La Noche, 3-6-1946, p. 1 En 1945 foi nomeado inspector provincial de FET y de las JONS para a Zona de Santiago de Compostela.La Voz de Galicia, 2-3-1945. Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela o 3 de xuño de 1946, permanecendo no posto ata 1949. En xullo de 1954 sufriu un accidente de motocicleta ao chocar contra un automóbil (no que viaxaba o xornalista José Rey-Alvite Feás), resultando con feridas de consideración.ABC, 10-7-1954, p. 37. Foi nomeado alcalde de Ponteareas en outubro de 1960,La Noche, 25-10-1960, p. 1.El Pueblo Gallego, 25-10-1960, p. 7. permanecendo no cargo ata 1965. Colaborou en El Correo Gallego e El Pueblo Gallego. Finou en 2002.Atlántico Diario, 3-5-2002, p. 10.

Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela con María del Carmen Sieiro Nieto en 1940,El Compostelano, 2-4-1940, p. 2. Parella de Concepción Míguez Míguez 1954-2002, e foi pai de Joaquín Sarmiento Sieiro, María del Pilar Sarmiento Sieiro e Joaquín Sarmiento Míguez Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Carta do Comisario da 1ª Zona do Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional a Joaquín Sarmiento Garra, alcalde do Concello de Santiago de Compostela, sobre a localización de catro pezas escultóricas do Mestre Mateo, procedentes do Pórtico da Gloria, retiradas polo seu propietario, o conde de Ximonde, do Museo Diocesano da Catedral

Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes