El Combate foi un periódico bisemanal que se publicou en Pontevedra de 1899 a 1900.
Historia e características Subtitulado Semanario republicano, apareceu o 19 de marzo de 1899. Tiña como lema: "La verdad regula la justicia y ésta la libertad, la igualdad, la solidaridad y la democracia". Publicábase os domingos cunha periodicidade bisemanal. Estaba dirixido por Vicente García Temes, que foi procesado por desacato en setembro de 1899, ocupando a dirección Joaquín Poza Cobas.El Combate, 24-9-1899, p. 3. Entre os seus colaboradores figuraron Severino Pérez Vázquez (que tamén foi director durante un tempo), José Juncal Verdulla e Emiliano Iglesias. Cesou a súa edición non antes do 30 de decembro de 1900.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1899 en Galicia Categoría:Prensa republicana