No fútbol europeo, os Coeficientes UEFA son as estatísticas elaboradas periodicamente pola UEFA e usadas para ordenar e asignar clasificacións ou postos de privilexio en sorteos a equipos participantes nos campionatos de fútbol organizados pola asociación. Existen distintas clasificacións de coeficientes que se outorgan a seleccións nacionais, campionatos de liga e clubs.
Coeficiente das seleccións nacionais
O coeficiente de cada unha das seleccións nacionais é o coeficiente UEFA menos coñecido, e baséase nos resultados obtidos polas mesmas. Calcúlase dividindo o número de puntos obtidos (tres por vitoria, un por empate) polo número de partidos xogados nas dúas últimas roldas de clasificación da Copa do Mundo de Fútbol ou da Eurocopa. Os partidos de repesca son ignorados. Para algúns países só se tomará en conta unha única rolda de clasificación, no caso de que sexan anfitrións dalgún dos dous últimos eventos.
Este coeficiente é usado pola UEFA para determinar en que "bombo" situarase cada unha das seleccións para os sorteos das roldas de clasificación da Copa do Mundo e da Eurocopa, así como para a rolda final desta última competición. A asignación faise de maneira que se manteñen separados aos equipos máis fortes sendo difícil que se enfronten ata que estea moi avanzada a competición.
Se dous ou máis seleccións teñen o mesmo coeficiente, aplicaranse os seguintes criterios de desempate:
a) Coeficiente dos partidos xogados na competición máis recente b) Diferenza de goles c) Número de goles marcados d) Número de goles marcados fóra de casa e) Sorteo
Clasificación para a rolda de clasificación da Eurocopa 2012Clasificación dispoñible en es.uefa.com/ PostoEquipoCoeficiente1 43.1162 40.8603 40.4464 34.3575 33.5636 33.2127 33.0038 32.4559 31.71710 31.67511 31.20512 30.50813 29.60214 28.57615 28.02916 27.97517 27.74518 27.14419 27.09320 27.03521 26.94222 26.50223 26.11024 25.64325 24.96826 24.67327 24.42628 23.80629 23.24630 23.18531 22.95932 22.63833 22.53934 22.18935 21.63336 20.90137 19.95138 19.74639 19.70640 18.76441 17.90442 16.56343 16.51144 16.42345 15.34346 14.93147 14.63848 13.14549 13.00550 12.17651 10.59952 8.46753 7.562 En celeste, seleccións clasificadas para a fase final da Eurocopa 2012. En negra países organizadores.
Coeficiente das ligas O coeficiente das ligas úsase para ordenar as ligas de Europa, e así determinar o número de clubs de cada liga que xogarán as competicións continentais: Liga de Campións e Europa League.
A UEFA outorga o número de prazas correspondentes a cada federación, e cada unha delas é libre de elixir o criterio cos que encherá as cotas. Unha vez publícase a clasificación de coeficientes entra en vigor no prazo dun ano, e non na tempada inmediatamente posterior.
Este coeficiente determínase baseándose nos resultados dos clubs durante as cinco últimas tempadas. O número de puntos gañados cada tempada na Liga de Campións e a Europa League (dúas para cada vitoria, un por cada empate en competición oficial, a metade en cada caso en roldas previas) divídese entre o número de equipos que participaron para esa liga nesa tempada. Este número será redondeado á baixa ata ter tres cifras decimais (por exemplo, 2+2/3 será redondeado a 2.666).
Súmanse entón os puntos correspondentes ás cinco últimas tempadas, puntos que se dividen entre dous. Obteranse puntos extras por: Clasificarse para a fase final da Liga de Campións (3 puntos extra). Alcanzar a segunda rolda da Liga de Campións. Alcanzar os cuartos de final, semifinais e final da Europa League ou a Liga de Campións.
Clasificación para as competicións 2012-13 A clasificación da UEFA determina o número de equipos competindo o ano seguinte á publicación desta. Así, a clasificación de 2011 determina a proporción de equipos en 2012/13, non en 2011/12.
Clas. Liga Coef. Prazas LC Prazas EL 1 Inglaterra 84.285 4 3 2 España 82.757 3 Alemaña 74.852 4 Italia 59.981 3 5 Portugal 55.346 6 Francia 54.178 7 Rusia 47.832 2 4 8 Países Baixos 45.515 9 Ucraína 45.133 10 Grecia 37.100 3 11 Turquía 34.050 12 Dinamarca 30.550 13 Bélxica 27.000 14 Romanía 25.824 15 Escocia 25.141 16 Suíza 24.900 1 17 Israel 22.000 18 República Checa 20.850 19 Austria 20.700 20 Chipre 18.124
Notas
Categoría:UEFA