Adolfo Domínguez Otero, nado en Teis (Vigo) o 1 de maio de 1946 Ficha en Galegos. info e finado en Vigo o 2 de setembro de 2012"Morre Fito Domínguez, a voz de A Roda", artigo en Praza Pública, 3 de setembro de 2012. foi un cantante galego, máis coñecido como Fito Domínguez.
Traxectoria miniatura|Fito e os outros membros da Roda, no escenario en 2007. Adolfo Domínguez comezou a traballar con catorce anos, pasando por varias profesións ata recalar na de soldador. Foi mentres exercía este traballo que xurdiu a formación musical que o faría famoso, A Roda. Este grupo caracterizouse desde o principio por recoller as composicións populares que se cantaban nas tabernas, acadando gran repercusión. Moitos dos temas que o grupo interpretou pasaron a ser clásicos do cancioneiro popular.
Logo da saída do grupo doutro dos seus compoñentes, Luís Vaamonde, Adolfo Domínguez asumiu a dirección do grupo, mantendo esa posición ata o momento do seu falecemento.
Notas
Véxase tamén Outros artigos A Roda
Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes