As I Lay Dying é unha banda estadounidense de metalcore procedente de San Diego (California). Foi fundada no ano 2000 polo vocalista Tim Lambesis, único membro constante do grupo. Ata a data leva publicados oito álbums de estudio, un álbum compartido e dous recompilatorios.
O cuato álbum de estudio de As I Lay Dying, An Ocean Between Us (2007), chegou ao número 8 da lista Billboard 200 e ao número 1 da Top Rock. A banda actuou en festivais como Wacken Open Air, With Full Force, Soundwave Festival, Warped Tour, Bloodstock Open Air e Taste of Chaos. En 2007 a banda gañou o premio "Ultimate Metal God" da canle MTV2 no primeiro especial anual All That Rocks. Tamén foi nomeada "Artista do Ano" nos San Diego Music Awards en 2005, 2007"As I Lay Dying named Artist of the Year at San Diego Music Awards". Blabbermouth.net e 2008. Ese último ano tamén foi nomeada a un Grammy pola canción "Nothing Left". O seu quinto álbum de estudio, The Powerless Rise, foi escrito durante un período de tres anos, e foi lanzado en maio de 2010 con gran aclamación da crítica. O seu derradeiro álbum de estudio antes do seu hiato en 2014, Awakened, publicouse en setembro de 2012.
A banda iniciaría un hiato indefinido en 2014 cando Lambesis foi condenado a seis anos de prisión por solicitar o asasinato da súa esposa. Os membros restantes formaron Wovenwar co vocalista Shane Blay.
En 2018 Lambesis reuniuse con Hipa, Sgrosso, Mancino e Gilbert. O 8 de xuño dese ano a banda publicou a canción "My Own Grave", a súa primeira gravación en seis anos. O grupo publicou o seu sétimo álbum de estudio, Shaped by Fire, o 20 de setembro de 2019. A formación da banda desmoronaríase nos anos posteriores ao lanzamento do álbum; Hipa deixou o grupo en 2020, seguido de Gilbert e Mancino en 2022, con pouco máis dun mes entre as súas saídas. Foron substituídos por Nick Pierce, Ryan Neff, e Ken Susi, respectivamente en 2022; os tres acabarían marchando en 2024, abandonando tamén Sgrosso o grupo pouco despois, deixando a Tim Lambesis como único membro da banda.
As I Lyingg Dying publicou o seu oitavo álbum de estudio, titulado Through Storms Ahead, o 15 de novembro de 2024.
Discografía Álbum Ano Selo Beneath the Encasing of Ashes 2001 Pluto Records Frail Words Collapse 2003 Metal Blade Shadows Are Security 2005 Metal Blade An Ocean Between Us 2007 Metal Blade The Powerless Rise 2010 Metal Blade Awakened 2012 Metal Blade Shaped by Fire 2019 Nuclear Blast Through Storms Ahead 2024 Napalm Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de San Diego Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de death metal melódico Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais formados en 2000