miniatura|300px|Mapa do cambio estimado do pH superficial dos océanos desde o século XVIII ao século XX. A xeoquímica é unha especialidade das ciencias naturais que, sobre a base da xeoloxía e da química, estuda a composición e dinámica dos elementos químicos na Terra, determinando a abundancia absoluta e relativa, distribución e migración dos elementos entre as diferentes partes que conforman a Terra (hidrosfera, atmosfera, biosfera e xeosfera) utilizando como principais testemuñas as transformacións dos minerais e as rochas compoñentes da codia terrestre, co propósito de establecer leis ou principios nos cales se basea tal distribución.Albarède, Francis (2003): Geochemistry: An Introduction. Cambridge University Press. ISBN 0-521-81468-5.

Os principais elementos xeoquímicos son, nunha escala de maior a menor abundancia: oxíxeno, silicio, aluminio, ferro, calcio, sodio, potasio e magnesio.

Áreas de investigación

Prospección xeoquímica. Xeoquímica de reservas. Xeoquímica de elementos traza. Xeoquímica de isótopos. Está dedicada ao estudo da variación da composición isotópica en materiais naturais. As liñas de investigación nesta área son as seguintes: Xeoquímica isotópica na datación radiométrica de minerais e rochas. Xeoquímica de isótopos estábeis. Xeoquímica ambiental. Dedícase ao estudo da distribución de elementos químicos e de compostos inorgánicos e orgánicos naturais e artificiais potencialmente nocivos no ciclo exóxeno, e as súas transformacións en ambientes naturais. Os procesos que regulan o seu comportamento e os seus posíbeis cambios como consecuencia da influencia antropoxénica. As liñas de investigación nesta área son: Xeoquímica de contaminación hídrica (contaminación de augas). Xeoquímica de contaminación do solo e dos sedimentos. Xeoquímica de contaminación atmosférica. Xeoquímica forense. Bioxeoquímica.

Historia da Xeoquímica

A xeoquímica como disciplina formal inclúe moito da historia da química e da xeoloxía pero, como ciencia que trata da historia dos elementos químicos no planeta Terra, unicamente puido formarse unha vez que se fixo real a noción de elemento químico, cando se "penetrou" na construción atómica e na configuración electrónica.

A alquimia

al-kīmiyaˀ (الكيمياء) ou al-khīmiyaˀ (الخيمياء) era un termo árabe que se refería a unha certa "arte exipcia" desenvolvida por un grupo de persoas selectas (sacerdotes) do antigo imperio exipcio.

O termo utilizábano para referirse a "aquel que sabe". A palabra Al´Chímia orixinouse en Exipto contra o século III a.C. e difundiuse en Europa no século XII polo contacto entre árabes, xudeus e cristiáns en España, especialmente na Escola de tradutores de Toledo e outras institucións semellantes e, máis tarde, no século XIII, nas guerras das Cruzadas.

A palabra derivou a alquimia, cuxo principal obxectivo era a transmutación dun elemento noutro (especialmente, do chumbo en ouro.

A alquimia era unha antiga práctica protocientífica e filosófica que combinaba elementos da química, a metalurxia, a física, a medicina, a astroloxía, a semiótica, o misticismo, o espiritualismo e a arte. A alquimia practicouse no Antigo Exipto, a India, a China, a Grecia antiga e o Imperio romano, no Imperio islámico e, despois, en Europa até o século XIX, nunha complexa rede de escolas e sistemas filosóficos que abrangue polo menos 2 500 anos.

Co desenvolvemento das ciencias experimentais, a partir do século XVIII, algunhas prácticas alquímicas establecéronse como ciencia verdadeira, a química.

Algunhas datas importantes da historia da xeoquímica

~ 500 a.C. Demócrito (grego): concepto de átomo como partícula elemental. 371 a.C. - 286 a.C. Teofrasto (grego): fundador da mineraloxía e dos estudos de rochas e solos. ano 79 Plinio o Vello (romano): traballou con datos exactos de diferentes minerais. Morre durante unha erupción do Vesuvio. ~ século X Lucas-Ben Serapion: escribiu O libro das pedras (...pedras que foxen unhas doutras, pedras ás cales outras alteran...) anos 975 - 1037 Avicena: escribiu un tratado sobre minerais. Estableceu unha clasificación: 1) pedras e terras; 2) compostos combustíbeis sulfurosos; 3) sales; 4) metais. anos 975 - 1048 Al-Biruní (árabe): compilación de datos sobre minerais preciosos. anos 1212 - 1224 Roger Bacon (inglés): primeiros tratados sobre alquimia. anos 1490 - 1555 Georg Bauer (saxón, alias Agrícola): establece o mineral como unha entidade química. anos 1711 - 1765 Mikhail Lomonosov (ruso): escribiu o primeiro tratado sobre "xeoquímica", aínda que non utiliza este nome; fala da constitución das capas da Terra e da orixe dos minerais, da "peregrinación" de metais dun lugar a outro. En 1752 dita o primeiro curso de Química-Física. Supón unha nova metodoloxía para o estudo dos sistemas naturais. anos 1711 - 1765 Jöns Jacob Berzelius (sueco): realizou as primeiras análises químicas de minerais silicatados. ano 1838 Christian Friedrich Schönbein, da universidade de Basilea, Suíza, usou a palabra xeoquímica por primeira vez. Para Schönbein a xeoquímica era o conxunto de coñecementos sobre os procesos químicos na codia terrestre.Reinhardt, Carsten (2008): Chemical Sciences in the 20th Century: Bridging Boundaries. John Wiley & Sons. ISBN 3-527-30271-9.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Holland, Heinrich D. & Turekian, Karl K. (2004): Treatise on Geochemistry. 9 vols. Elsevier Ltd. ISBN 978-0-08-043751-4. Resumo Consultado o 06/09/2012. Marshall, C., & Fairbridge, R. (2006): Encyclopedia of Geochemistry. Berlin: Springer. ISBN 1-4020-4496-8. Resumo Consultado o 06/09/2012.

Outros artigos Contaminación Petroloxía Química ambiental Química inorgánica Química orgánica Sedimentoloxía Solo Xeoquímica do petróleo

Ligazóns externas Létolle, René (1996): Pour une histoire de la géochimie. Consultada o 06/09/2012.

Categoría:Xeoquímica