Xosé Luís Fernando Allué-Andrade y Ferreira,Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada ás veces mencionado como Xosé Luís Allué, nado en Monforte de Lemos o 9 de setembro de 1931 e finado en Madrid o 2 de xaneiro de 2020, foi un científico, profesor e investigador galego.
Traxectoria Estudou Ciencias Físicas e Enxeñería Técnica Forestal. Foi investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Foi secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal.
Dende a súa mocidade foi asiduo do grupo formado por Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole e Luís Pimentel.
Obra Formulou tres modelos de análise fitoclimática e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta especies pascícolas. Os seus estudos biolóxicos, ecolóxicos e climatolóxicos están recollidos en múltiples publicacións, entre as que destacan: Aflorestation in arid zones. Studes of botany, ecology, biology and pascicology of the principal existing especies in the spontaneous pasture grounds of our semiarid regions. Problemas y expectativas de la investigación piscícola, 1982. Atlas Fitoclimático de España, 1990.
En galego publicou artigos e poemas en Grial, participou nos volumes colectivos Paisaxe e cultura (1955), Homenaxe a Otero Pedrayo (1958), O noso sentimento da paisaxe (en colaboración con Cunqueiro, Bonet Correa e Otero Pedrayo), Cinco pezas pra cembalo, Vintasete murais pra Tino, O caso Grandio, Dicionario aproximado, Canciones callejeras y sentimentales, Sonata para un hombre solo e Liturxias pró Nadal.
A correspondencia de Ramón Piñeiro con el foi publicada nun volume pola editorial Galaxia en 2005.
Recoñecementos Cruz do Mérito Agrícola. Premio de Publicacións INIA. Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Ligazóns externas Ficha en galegos.info Ficha en Galaxia
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2020