Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos, nado en Crendes (Abegondo) o 22 de setembro de 1834 e finado en Vilaxoán o 12 de xaneiro de 1917Necrolóxica en ABC, 13-1-1923, p. 28, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Agustín Sanjurjo Montenegro e María Ascensión Pardiñas de Villardefrancos, irmá do xeneral Ramón Pardiñas Villardefrancos. Propietario e descendente de fidalgos, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Pontevedra nas eleccións de 1865. Durante o Sexenio Democrático foi elixido deputado polo distrito de Corcubión en 1871, sendo reelixido en 1872. Na Restauración volveu ser elixido deputado por Corcubión en 1876. Foi un dos representantes do monterismo en Santiago de Compostela, onde foi alcalde entre 1887-1891 e entre 1895-1903.

Vida persoal Casou con Sofía Neira Flórez (irmá de Gerardo Neira Flórez) e foi pai de Ramón Sanjurjo Neira.

Distincións En 1890 a monarquía concedeulle o título de Marqués de Casa Pardiñas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

Ligazóns externas Xenealoxía Marqueses de Casa Pardiñas

Categoría:Nados en Abegondo Categoría:Nados en 1834 Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1917 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos