Naufragio é un filme español dirixido por Pedro Aguilera que se estreou no 2010.
Sinopse Robinson naufraga fronte ás costas do sur de España. Con dificultade, consegue chegar a unha praia e salva-la vida. É un ser anónimo e un proscrito, como tantos outros milleiros de inmigrantes subsaharianos. Consegue traballo nos invernadoiros da costa de Almería, pero a situación aí é precaria para os inmigrantes e decide avanzar cara ao interior da península. A mente de Robinson está chea de voces de espíritos que o confunden e o gobernan. Para liberarse delas terá que cumprir unha misión: matar un home.
Personaxes Solo Touré como Robinson Kándido Uranga como Ángel Jesús Iñake Irastorza como Paulina Álex Merino como Daniel Julio Perillán como José Yakob Dembele como Sankum Ruth Armas como Rosa Carlos Bravo como Grimal Ramón Barea como Luismi Yacouba Dembele como Soundiata
Galardóns e nomeamentos 2010: Festival de Sevilla: Mención especial
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España