Tȟašúŋke Witkó (; literalmente vén a significar o seu cabalo está tolo), máis coñecido como Cabalo Tolo, nado en 1840 e finado o 5 de setembro de 1877 en Fort Robinson, Nebraska, foi un home nativo americano e xefe prominente dos Lakota Oglala.
É coñecido por alzarse en armas contra o goberno federal dos Estados Unidos para loitar contra a invasión dos seus territorios e a destrución do modo de vida do pobo lakota. Liderou ó seu pobo na Batalla de Little Bighorn en xuño de 1876, da cal saíu vitorioso.
Finalmente, rematou por se render ás tropas dos Estados Unidos ante o xeneral Crook en 1877. Trala rendición, resultou fatalmente ferido por un garda militar por ofrecer unha suposta resistencia a ser encarcerado en Fort Robinson, na actual Nebraska.
Véxase tamén Outros artigos Monumento a Cabalo Tolo
Ligazóns externas Biografía de Cabalo Tolo
Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1877 Categoría:Líderes lakota Categoría:Nativos americanos asasinados Categoría:Nados nos Estados Unidos de América