Carlos Humberto Santana Barragán, máis coñecido como Carlos Santana (), é un guitarrista de rock e Jazz-Rock nado o 20 de xullo de 1947 na cidade de Autlán de Navarro, estado de Xalisco, México.

Traxectoria O seu pai era violinista nunha banda de mariachi, e o mozo Carlos aprendeu a tocar o violín, pero mudou para a guitarra cando tiña 8 anos. En 1955 a súa familia mudouse para Tijuana, e Santana empezou a tocar en clubs e bares da zona turística. Ficou en Tijuana cando a súa familia mudou novamente de localidade, desta vez para San Francisco, California, pero despois seguiunos. En 1966 axudou a fundar a Santana Blues Band, que despois cambiou para Santana. A banda empezou a tocar en The Fillmore West, onde moitas das bandas lendarias de San Francisco tocaron. A súa estrea en gravación ocorreu con The Live Adventures of Mike Bloomfield and Al Kooper, con Al Kooper e Mike Bloomfield.

Despois de asinar coa Columbia Records, Santana lanzou un álbum chamado Santana. O grupo tiña a Carlos Santana na guitarra, Gregg Rolie (piano e voz), David Brown (baixo), Michael Shrieve (batería), Jose Areas (percusión) e Michael Carabello (percusión). Para promover o álbum, a banda Santana tocou en Woodstock. A presentación en Woodstock foi notábel e aumentou moito a súa popularidade. Santana tivo un grande éxito, así como Abraxas (1970) e Santana III (1971). A banda orixinal disolveuse. Rolie chegaría a ser un membro fundador de Journey.

Carlos Santana usou o nome Santana e unha serie músicos diferentes para continuar as súas presentacións nos Estados Unidos, lanzando varios discos. Durante este período, Carlos adoptou o nome "Devadip", conferido polo líder espiritual Sri Chinmoy. Lanzou ao mercado moitos traballos nas décadas de 70 e 80, incluíndo colaboracións con Willie Nelson, Herbie Hancock, Booker T. Jones, Wayne Shorter, Ron Carter e The Fabulous Thunderbirds. En 1991, Santana apareceu no álbum de Ottmar Liebert Solo Para Ti, nas cancións "Reaching out 2 U" e nunha regravación da súa propia canción "Samba Pa Ti". Foi instalado no Rock and Roll Hall of Fame en 1998.

En 1992 cancelou o seu contrato coa Columbia e despois gravou con Polygram e Arista Records.

Santana xurdiu novamente en 1999 co lanzamento de Supernatural, que incluíu colaboracións con Rob Thomas, Eric Clapton e Lauryn Hill. Supernatural foi o álbum de Santana de maior venda, alcanzando o número 1 na lista Billboard e mantendo esa posición por 12 meses, e gañando nove Premios Grammy.

A súa música integra elementos percusivos africanos, melódicos latinos e estruturais do rock anglosaxón e creou unha música nova.

Discografía Live at the Fillmore '68 (lanzado en 1997) Santana (1969) Abraxas (1970) 3 (1971) Caravanserai (1972) Carlos Santana & Buddy Miles Live! (1972; C.S. con Buddy Miles) Love Devotion Surrender (1973; C.S. con John McLaughlin) Welcome (1973) Lotus (1973) Illuminations (1974; C.S. con Alice Coltrane) Santana's Greatest Hits (1974) Borboletta (1974) Amigos (1976) Festival (1976) Moonflower (1977) Inner Secrets (1978) Oneness: Silver Dreams, Golden Reality (1979; C.S.) Marathon (1979) Zebop! (1979) The Swing of Delight (1980; C.S.) Shango (1982) Havana Moon (1983; C.S.) Beyond Appearance (1985) Viva Santana! — The Very Best of Santana (1986) Freedom (1987) Blues for Salvador (1987; C.S.) The Very Best of Santana vols 1 & 2 (1988) Persuasion (1989) Latin Tropical (1990) Spirits Dancing in the Flesh (1990) Milagro (1992) Nineteen Eight-Six (1993) Sacred Fire: Live in South America (1993) Soul Sacrifice (1994) Santana Brothers (1994; C.S. con Jorge Santana & Carlos Hernandez) As Years Go By (1994) Santana Jam (1994) Every Day I Have the Blues (1994) With a Little help from My Friends (1994) Jin-Go-La-Ba (1995) Dance of the Rainbow Serpent (1995) Evil Ways (1997) Jingo (1997) Between Good and Evil (1998) Awakening (1998) Supernatural (1999) Jingo Maniac (2000; C.S.) Mother Earth 2000 (2001) Nuclei/2 (2001) Shaman (2002) Ceremony: Remixes & Rarities (2003) Jammin' Home (2004) All That I Am (2005)

Categoría:Guitarristas de México Categoría:Personalidades do rock Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1947 Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no estado de Xalisco