O Hyvinkään Ahmat é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Hyvinkää (Finlandia),http://eliteprospects.com/team.php?team=412 fundado en 1973 e que en 2004 quebrou, suprimindo o seu equipo sénior e pasando a adicarse ao deporte de base, tendo na actualidade diversos equipos en categoría júnior. O equipo xogou na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés durante oito tempadas consecutivas entre 1996 e 2004

Historia O club foi fundado en 1973 e en 1987 participou na terceira categoría do hóckey sobre xeo finés. Na tempada 1996-97 o equipo participou na segunda cateoría do hóckey sobre xeo finés (daquela denominada I-divisioona e dende o ano 2000, Mestis), finalizando os dous primeiros anos nas últimas prazas e tendo que xogar as eliminatorias pola permanencia e gañándoas. Ao ano seguinte a historia mudou, xa que o quipo descendeu, mais conseguiu manterse na segunda categoría. Conseguiron meterse nos play-offs da categoría en dúas ocasións, mais sen conseguir pasar de cuartos. Na tempada 2003-04, o equipo finalizou na última praza da liga e descendeu, aínda pasou un ano na terceira categoría, a Suomi-sarja, antes de poñer fin á actividade do equipo sénior, porén, o club continúa a súa actividade en categoría júniorhttp://www.eurohockey.com/club/209-ahmat-hyvink.html.

Estatísticas por tempada Tempada Liga PX V E D DP Pos. GF GC 1987–88 II-divisioona (actual Suomi-sarja) 28 14 2 12 - 5 173 168 1996–97 I-divisioona (actual Mestis) 44 20 7 17 - 7 153 137 1997–98 I-divisioona (actual Mestis) 44 10 8 26 - 11 106 153 1998–99 I-divisioona (actual Mestis) 48 11 8 29 - 12 112 172 1999-00 I-divisioona (actual Mestis) 48 17 2 29 - 11 154 185 2000–01 Mestis 44 16 4 24 - 8 134 170 2001–02 Mestis 44 17 4 23 - 10 138 166 2002–03 Mestis 44 - 7 153 152 2003–04 Mestis 45 - 12 103 157 2004–05 Suomi-sarja

<small> PX = Partidos xogados V = Vitorias E = Empates D = Derrotas <small> DP = Derrota na prolongación Pos. = Posicicón na clasificación GF = Goles a favor GC = Goles en contra 

Xogadores destacados Pekka Tuokkola Nico Aaltonen Janne Ansakorpi Timo Blomqvist Patrik Forsbacka Juha Gustafsson Pasi Järvinen Mikko Kalteva Juha Kaunismäki Olli Korkeavuori Mikko Laine Juha-Pekka Loikas Marko Mäkinen Mika Oksa Mikko Outinen Tuomas Pihlman Kimmo Pikkarainen Aki Seitsonen Mikko Strömberg Sebastian Sulku Jaakko Suomalainen Lauri Tukonen Mikko Viitanen Petteri Wirtanen

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Ahmat, Hyvinkään