Peace, Love, Death Metal é o álbum de estrea da banda estadounidense de garage rock Eagles of Death Metal, editado a través do selo AntAcidAudio o día 23 de marzo do 2004.

Listaxe de cancións Todos os temas foron compostos por Jesse Hughes e Josh Homme, agás onde se indique.

"I Only Want You" - 2:48 "Speaking in Tongues" - 2:49 "So Easy" - 4:00 "Flames Go Higher" - 2:53 "Bad Dream Mama" - 3:02 "English Girl" - 2:38 "Stacks o' Money" - 2:48 "Midnight Creeper" - 1:57 "Stuck in the Metal" (versión de Stealers Wheel: Gerry Rafferty/Joe Egan) - 3:18 "Already Died" - 3:00 "Kiss the Devil" - 2:52 "Whorehoppin' (Shit, Goddamn)" - 3:34 "San Berdoo Sunburn" - 3:42 "Wastin' My Time" - 2:42 "Miss Alissa" - 2:38

Nas edicións británica e europea hai dúas cancións extra: "Miss Sanders" e "Just Nineteen". Unha versión re-gravada da última aparece no seguinte traballo da banda, Death By Sexy. A edición europea tamén contén o vídeo de "Midnight Creeper". O grupo tamén filmou vídeos para "I Only Want You" e "Speaking in Tongues". A melodía de "Kiss the Devil" está baseada na canción de folk tradicional "Sugar Baby".

Categoría:Álbums de Eagles of Death Metal Categoría:Álbums musicais de 2004 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums producidos por Josh Homme