O polbo á mugardesa é un prato principal de polbo orixinario da vila mariñeira de Mugardos. Este xeito de servir o polbo pódese tomar todo o ano nos establecementos hostaleiros da vila mariñeira da ría de Ferrol.
Receita e ingredientes Polbo (un ou dous kg limpo) Patacas (un ou dous kg) Dúas cebolas grandes (picadas) Pemento verde e vermello (limpo e cortado en tiras) Un dente de allo (moído) Aceite (de oliva), sal (gordo), pemento doce e picante (moído) Folla de loureiro
Preparacións O polbo limpo xa mallado métese suxeito pola cabeza tres veces na auga fervendo para que estea tenro. Non se coce na auga, a isto chámano "asustar" ao polbo.
Na tixola co aceite de oliva quente sofrítese as cebolas e o dente de allo picados xuntos (sen deixar que se queimen), cando estean fritidos engádense os pementos en tiras. Cando estea ao punto engádese un pouco de pemento doce e picante (ao gusto), bótase logo o polbo cortado en anacos, e déixase fritir 15 ou 20 minutos.
Sérvese en pratos normais (non de madeira) acompañado de patacas cocidas enteiras ou cachelos.
Véxase tamén
Outros artigos Festa do polbo de Mugardos Ligazóns externas Vídeo coa receita de Polbo á mugardesa Paradores (en Youtube) Páxina do concello de Mugardos sobre a festa do polbo
Categoría:Pratos de peixe Categoría:Mugardos Categoría:Gastronomía de Galicia