Coremain é unha empresa especializada en consultoría de Tecnoloxías da Información, enxeñería de software, despregadura de infraestruturas e servizos de outsourcing. Con máis de 25 anos de experiencia, está especializada en Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas á sanidade, administracións públicas, industria e telecomunicacións.

Ten oficinas en Santiago de Compostela (sede central), Pontevedra e Madrid, e conta na actualidade con arredor de 430 empregados.

Historia A empresa presta servizos informáticos a empresas e administracións públicas como: o Sergas, a Xunta de Galicia, o Parlamento galego, a Universidade de Santiago, a Deputación da Coruña, Inditex, R, Comunitel, Citroën ou o Grupo Correo Gallego.

En xullo de 2006 inaugurou a súa nova sede en Compostela. Un edificio intelixente de 4 100 metros cadrados con catro plantas e un custo de catro millóns e medio de eurosCoremain: innovación empresarial. El Correo Gallego .

En setembro de 2010 foi penalizada pola Xunta por incumprir os prazos para a entrega de 15 000 ordenadores do proxecto Abalar.Educación penalizará a la empresa que surte de ordenadores a los colegios. El País

En agosto de 2012 presentou un ERE para o despido de 27 traballadores e a rebaixa do soldo no resto do cadro de persoal.Ante el ERE presentado en Coremain. Nova na web da CNT

En 2015 prodúcese un cambio de accionariado cun novo plan estratéxico e renovado.

Facturación

Fonte: CoremainCoremainDatos

Servizos Outsourcing Solucións TI Arquitecturas de hardware

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Coremain

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Empresas de telecomunicacións Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Tecnoloxía en Galicia