A Federación Española de Rugby é o ente reitor do rugby en España, con sede en Madrid. As súas funcións son organizar as diversas competicións nacionais de liga e copa, tanto masculinas como femininas, nas modalidades de rugby a 15 e rugby a 7, e artellar ás seleccións nacionais. Trala fundación dos primeiros clubs de rugby en Cataluña a comezos da década dos anos 20, foi creada a Federación Catalá de Rugby. De seguido ocorreu o mesmo en Castela, e xurdiu a necesidade de fundar unha federación a nivel nacional para organizar un Campionato de España entre os diversos campións rexionais. Deste xeito, a FER naceu o 1 de agosto de 1923. En 1934 integrouse na FIRA, e en 1988 entrou na IRB.

Dende 2014 está presidida por Alfonso Feijoo García, que foi reelixido en 2016 e 2020.

Presidentes Fundada en Barcelona en 1923, o primeiro comité directivo da Federación Nacional de Football-Rugby estivo presidido por Baldiri Aleu, persoeiro introductor deste deporte en España e fundador en 1921 do primeiro club do país, a Unió Esportiva Santboiana. Esa entidade organizou o primeiro Campionato de España de Rugby cuxa final tivo lugar o 13 de maio de 1926 no terreo de xogo do club decano. Baixo a Federación Nacional estaban a Federación Catalana e a Federación Centro. A comezos de 1927 a Federación Centro pasou a ser a Unión Española de Rugby presidida por Enrique Gutiérrez, funcionando paralelamente á Federación Nacional, co obxectivo principal de organizar o primeiro encontro internacional da Selección de rugby de España, que se enfrontou a Francia o 26 de maio dese ano 1927 en Madrid, sendo Enrique Gutiérrez o seleccionador. A Federación Nacional non reconoceu a aquel equipo como unha verdadeira selección nacional, sendo certo que tódolos xogadores agás un eran de equipos de Madrid. Finalmente, en xaneiro de 1928 as dúas entidades (Federación Nacional e Unión Española) se fusionaron formando a actual Federación Española, ficando Enrique Gutiérrez na presidencia.

A seguinte lista amosa a serie de persoas que ocuparon a presidencia da Federación Española de Rugby:Datos da FER

Dende 2014: Alfonso Feijoo García Dende 2012: Javier González Cancho Dende 2001: Alfonso Mandado Vázquez Dende 1997: Alberto Pico Marín Dende 1992: Antonio Moreno Romo de Arce Dende 1981: Alberto Pico Marín Dende 1977: Javier Cortázar Cano Dende 1967: Florencio Noriega Ruiz Dende 1962: José María Marín Ocón Dende 1957: Eugenio Martínez Pasalodos Dende 1949: Luis Blanco Mongay Dende 1946: José María Unzeta Basterrechea Dende 1939: Juan López de Chicheri y Ligues Dende 1936: Luis García San Miguel Dende 1935: Ambrosio Ristori de la Cuadra Dende 1933: Francisco Martínez Larrañaga Dende 1931: José María Vilar Dende 1929: Baldiri Aleu Torras Dende 1928: Enrique Gutiérrez Dende 1923: Baldiri Aleu Torras

Licenzas A Federación Española de Rugby contaba con 299 clubs federados e 34.232 licenzas entre xogadores, adestradores e árbitros na tempada 2016-17. Por federacións territoriais salientan:Licenzas 2016-17, na páxina oficial da FER. En Madrid: 8384 licenzas e 42 clubs federados En Cataluña: 6493 licenzas e 49 clubs federados En Andalucía: 4162 licenzas e 44 clubs federados En Valencia: 3967 licenzas e 29 clubs federados En Castela e León: 2140 licenzas e 17 clubs federados En Euskadi: 1934 licenzas e 28 clubs federados En Galicia: 1473 licenzas e 16 clubs federados

Notas

Véxase tamén Outros artigos Selección de rugby de España División de Honra de Rugby División de Honra B de Rugby Primeira División Nacional de Rugby Copa do Rei de Rugby Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación Española de Rugby

Categoría:Rugby en España Rugby