San Miguel de Treos é unha parroquia do concello coruñés de Vimianzo, arciprestado de Soneira e diocese de Santiago de Compostela. En 2018 tiña 358 habitantes (169 homes e 189 mulleres), repartidos nas 11 entidades de poboación.
Situación xeográfica Atópase delimitada polas parroquias de Tines, Serramo e Cambeda (tamén do concello de Vimianzo), Vilar, Loroño, Santa Sía de Roma e San Martiño de Meanos (concello de Zas), distando 7,5 km da capital do concello.
Enclaves naturais O monte Cárneo, con 343 metros é o que rexistra a maior altitude, sendo bañada polo río de Vilar e o Xora, o seu afluente principal.
Historia As súas orixes remóntanse ó período megalítico pola presenza dos dolmens de Pedra Moura e de Pedra Cuberta. Este segundo é considerado como un dos máis importantes da Península Ibérica polos seus restos pictóricos, o uso de pinturas en negro e vermello sobre fondo branco e os seus motivos ondulados formando unha figura idoliforme, moi parecida ás atopadas no sueste da Península. Chégase desde un camiño secundario da aldea do Arxomil, e hoxe atópase parcialmente derrubado. Consta dun corredor e dunha cámara octogonal na que falta a lousa de cobertura.
Lugares e parroquias Lugares de Treos
Parroquias de Vimianzo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vimianzo
Categoría:Parroquias de Vimianzo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel