miniatura|300px|A incredulidade de San Tomé (Caravaggio)

Tomé (pronuncia: [toˈmɛ])Dicionario de pronuncia da lingua galega - http://ilg.usc.es/pronuncia/?pq=&q=Tom%C3%A9&l=1&propios=on&c%5B%5D=1 é un nome propio masculino galego e portugués. A súa orixe é o siríaco Toma.

En xaneiro de 2023 existían 60 varóns en Galicia co nome Tomé, cunha media de idade de 14,1 anos.Nome Tomé na Web do Instituto Galego de Estatística

Uso do nome A grafía antiga deste nome en galego-portugués era Thomé (ex. Pazo de Santhomé, en Vigo). En portugués tamén se grafou coma Tomaz ata o acordo ortográfico de 1943.

Non se trata dun nome de orixe bíblica, mais si dunha palabra en aramaico para designar xemelgo: תום, Tôm, Tômâ ou Tau'ma, posteriormente traducida a lingua grega como Δίδυμος ou Didymos. Como se utilizaba esa palabra xunto ao nome de Xudas Tomé nos escritos bíblicos para distinguilo de Xudas Iscariote e de Xudas Tadeu, acabouse por se consagrar esa palabra como un antropónimo, na forma de San Tomé. Ata hoxe cuestiónase de quen era realmente irmán xemelgo Xudas Tomé, talvez de Xudas Tadeu. Do grego, o nome foi traducido ao latín Thomas, de aí as dúas variantes lexítimas en galego portugués: Tomás e Tomé, e posteriormente ao xermánico Thomas.

O nome Tomé non era moi popular, ata o século XII cando ten lugar o martirio de San Tomé Becket. Nos séculos posteriores o sentido relixioso do nome foi reforzado por outras personalidades católicas, como Tomé de Aquino. Hoxe, aínda, non se asocia tanto este nome á relixiosidade coma outros máis populares.

Foi un nome común na antigüidade en Galicia, xa que existen 47 parroquias galegas que teñen a San Tomé como patrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Tomé).

Etnografía San Tomé, agarra o cocho polo péLiteratura popular de Galicia, 1881, Juan Antonio Saco y Arce. Ed. De J. L. Saco, Ourense.

Variantes noutras linguas

Alemán: Thomas Árabe: Touma Aragonés: TomásEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Aramaico: תום Belaruso: Тамаш (Tamash) Bretón: Tomaz Búlgaro: Тома (Toma) Castelán: Tomás Catalán: Tomàs Checo: Tomáš Chinés: 多馬 (Duo-Ma, Biblical), 湯瑪斯 (Tang-ma-si) Coreano: 도마 (Doma; Toma; bíblico), 토머스 (Tomeoseu; T'omŏsŭ) Croata: Toma, Tomislav, Tomo, Tomica Dinamarqués: Thomas Eslovaco: Tomáš Esloveno: Tomaž Estoniano: Toomas Finés: Tuomas Francés: Thomas Gaélico escocés: Tòmas Galés: Tomos Grego, Antigo: Θωμᾶς (Thōmâs) = Moderno Θωμάς (Thomás) (San Thomas tamén: Δίδυμος (Didymos, "xemelgos")) Hebraico: Teomo Húngaro: Tamás, Tamsin (feminino) Inglés: Thomas, Tom, Thom, Tommy Irlandés: Tomás, Tomhais (de túmulo), Tomhar (de trebón) Islandés: Tómas Italiano: Tommaso Xaponés: トマス (Tomasu) Latín: Thomas (San Thomas tamén: Didymus) Malaiala: Thomas, Thommen, Oommen, Thommy, Tommy, Tom Neerlandés: Thomas Noruegués : Thomas, Tomas, Tom Polaco: Tomasz Portugués: Tomé ou Tomás. Romanés: Tomas Ruso: Фомá (Foma) Serbio: Тома (Toma) Sueco: Tomas Ucraíno: Хома́ (Ghomá)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé. Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos portugueses