Alternativa Galega de Esquerda foi unha coalición política galega creada para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polo partido nacionalista galego Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida (federación galega de EU), EQUO Galicia (federación galega de EQUO) e Espazo Ecosocialista Galego.
Historia Tras a saída en febreiro de 2012 de Encontro Irmandiño (EI) e Máis Galiza (+G) do Bloque Nacionalista Galego, barallouse a converxencia de ambas as forzas para presentarse ás próximas eleccións autonómicas. En marzo o EI lanzou a súa oferta de crear unha plataforma electoral, que foi secundada por Movemento pola Base e Fronte Popular Galega, e que se materializou en Anova - Irmandade Nacionalista; máis tarde uniuse tamén un sector de Unidade da Esquerda Galega.
Doutra banda, +G comezou a súa propia plataforma xunto a Acción Galega e Espazo Ecosocialista Galego, que se denominou Compromiso por Galicia (CxG); posteriormente tamén se uniron a CxG o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), Esquerda Nacionalista, Espazo Socialista Galego (escindidos os tres do BNG tamén), un sector de Unidade da Esquerda Galega, o Partido Galeguista Demócrata (PGD), Alternativa Popular Galega (APGA) e Terra Galega (TeGa).
A pesar de barallarse durante meses a posibilidade de que ANOVA e CxG converxesen ou se presentasen xuntos ás eleccións, aos poucos esta posibilidade foise diluíndo. ANOVA tomaba un cariz máis anticapitalista e soberanista, e CxG un perfil máis socialdemócrata e moderado.
Tras o anunciou do adianto das eleccións autonómicas, ANOVA manifestou a súa vontade de conformar unha ampla coalición de esquerdas, que englobaría ao Bloque Nacionalista Galego, Compromiso por Galicia, ANOVA e Esquerda Unida;Beiras expón unha «alianza estratéxica» para as eleccións galegas a BNG, EU e Compromiso por Galicia , La Voz de Galicia, 31 de agosto de 2012. EQUO Galicia tamén mostrou a súa predisposición a unirse á fronte.Equo ve "con bos ollos" a proposta de Beiras de conformar unha fronte electoral amplo "contra o PP" , Que, 1 de setembro de 2012. Pola súa banda Compromiso por Galicia tamén se ofreceu a ANOVA, pero unicamente a ANOVA, concorrer xuntos en coalición.Compromiso ofrécelle a Anova un pacto electoral, El País, 30 de agosto de 2012.
O 4 de setembro o Consello Político de Esquerda Unida aceptou presentarse con ANOVA nas eleccións;Esquerda Unida acepta presentarse en coalición con Beiras ás eleccións galegas , La Voz de Galicia, 4 de setembro de 2012. igualmente uníronse á coalición EQUO Galicia, tras ser aprobado nunha votación horizontal polos afiliados e simpatizantes desta federación,Equo súmase á coalición electoral con EU e Anova, La Opinión de A Coruña, 5 de setembro de 2012.
O primeiro nome da coalición foi Alternativa Galega,Beiras e EU asinan o pacto no que non estará Compromiso por Galicia , La Voz de Galicia, 8 de setembro de 2012. pero debido a que xa estaba rexistrado para outro partido político tiveron que substituílo polo definitivo, Alternativa Galega de Esquerda.Anova e EU presentaranse como 'Alternativa Galega de Esquerda', Europa Press, 11 de setembro de 2012.
Malia a anunciarse a incorporación de Compromiso por Galicia (CxG) á coalición,Compromiso por Galicia aposta por unha “coalición técnica” con EU e Beiras, El País, 6 de setembro de 2012. esta finalmente presentarase en solitario.Compromiso por Galicia descólgase do pacto de esquerdas, O País, 8 de setembro de 2012. En setembro de 2012 Espazo Ecosocialista Galego decidiu abandonar CxG e incorporarse a Alternativa Galega.Espazo Ecosocialista incorpórase a Alternativa Galega de Esquerda, Galiciaé, 19 de setembro de 2012.
Nas eleccións celebradas o 21 de outubro de 2012 obtivo 200.101 votos (13,99%), o que lle reportou 9 deputados. 4 deputados foron pola Coruña, 3 por Pontevedra, 1 por Lugo e outro por Ourense.
Evolución do voto Eleccións ao Parlamento de Galicia AnoCandidatoRepresentantesPorcentaxeDiferenzaVotosPorcentaxeDiferenza2012Xosé Manuel Beiras9 parlamentarios13,99%▲ 9200.10113,92%▲ 200.101
Notas
Categoría:Alternativa Galega de Esquerda Categoría:Forzas políticas de Galicia