A beirarrúa é o espazo destinado á circulación dos peóns, situado nas marxes dunha rúa ou calzada, normalmente cunha certa elevación sobre o nivel desta.
En canto elemento do espazo público, en moitos países existen leis que fomentan a supresión das chamadas barreiras de infraestrutura das beirarrúas para así reducir as dificultades das persoas con discapacidade. Requírese que as beirarrúas teñan ramplas nas esquinas para permitir o tránsito fluído de persoas en cadeira de rodas. As súas dimensións dependen do tránsito que deban soportar. centro|miniatura|Beirarrúa
Notas
Véxase tamén Outros artigos Beirarrúa bici Beiravías Calzada Rúa
Categoría:Rúas Categoría:Elementos de composición urbana